Villares denuncia que é a Xunta a que crea as condicións para que haxa lumes

"E logo non sabe como apagalos", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Mixto e dirixente de En Marea, Luís Villares, denunciou o "deixamento" da Xunta en materia forestal e asegurou que as súas políticas son "pirófitas" porque crean as condicións para que "se hai lume non haxa como apagalo".

O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo

Nunha rolda de prensa celebrada este luns e despois da vaga de incendios que queimou en Galicia máis de 1.100 hectáreas, o maxistrado lucense en excedencia considerou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non fixo nada do que estaba na súa man para evitar os incendios".

"Os medios de extinción son necesarios pero non suficientes, a primeira política para evitalos son as prácticas de prevención", manifestou Villares, que pediu acabar coas "prácticas mafiosas" de "empresas como Ence", que "someten a todo un territorio aos seus intereses".

Fronte a iso, o portavoz do Grupo Mixto defendeu un "monte multifuncional e diverso", no que as frondosas estean combinadas cos eucaliptos como medida para frear os incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Pois non. O monte en Galicia é privado, non da Xunta. Os que prantan eucaliptos son ( algúns) propietarios, non a Xunta, e quen ten obriga de manter o monte en boas condicións son os seus donos. Nenguna " política forestal" obriga a ninguén a prantar eucaliptos. A responsabuluidad dos incendios e dos incendiarios, non da Xunta. A responsabilidade de algo e de quen a causa.