A asociación Acouga estuda demandar a Caixabank se o Tribunal Europeo declara abusivas as cláusulas hipotecarias

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) considerará demandar a entidade bancaria en Galicia e entende que os xuíces españois deberán poder entrar a valorar cada caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) considerará demandar a Caixabank en Galicia se o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditamina que as cláusulas sobre o Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH) fosen declaradas abusivas.

Segundo explicou Acouga este xoves nun comunicado, a Comisión Europea entende que os xuíces españois deberán poder entrar a valorar cada caso para determinar se a cláusula pasa os controis de incorporación e transparencia. Desta maneira, poderase cualificar de abusiva ou non.

Neste sentido, o secretario xeral da organización, Xoán Antón Pérez-Lema, apuntou que ata agora a xurisprudencia do Tribunal Supremo impedía a análise destas cláusulas, xa que entendían que estaban definidos como índices oficiais publicados no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, por este motivo, non podían ser obxecto de control xudicial.

Pola súa banda, a Comisión Europea determinou que as disposicións deben ser sometidas a control para ver "se se cumpriron" en cada momento e destaca que "os índices de elaboración son matematicamente moi complexos" que, "sen información exhaustiva", pode producir "prexuízos".

A sentenza do Tribunal Europeo está prevista para os primeiros meses de 2020 e a partir de aí será cando Acouga estudará se presenta unha demanda colectiva ou non. Respecto desta posibilidade, a asociación xa presentou e gañou en novembro de 2018 unha demanda de 1.500 consumidores contra Abanca sobre devolución de cláusulas de chan.

Sede de Caixabank en Barcelona
Sede de Caixabank en Barcelona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta