Ferida tras envorcar a furgoneta nunha peaxe da AP-9, en Bergondo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2025 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este martes tras envorcar o seu vehículo nunha peaxe da AP-9, ao seu paso polo concello coruñés de Bergondo. Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron requiridos esta tarde polo envorco dunha furgoneta ante a barreira da peaxe. O aviso chegou do 112, ao redor das 16.30 horas. Indicaban que a única ocupante do vehículo estaba ferida e atrapada.

Unha vez no punto, os bombeiros axudaron á vítima a saír do vehículo polo cristal dianteiro para ser trasladada polo 061 ao CHUAC. No operativo participaron persoal das cabinas de cobro das peaxes, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Bergondo e membros de de mantemento de autoestradas.

Coches nunha peaxe en autoestrada
Coches nunha peaxe en autoestrada | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta