Espectacular accidente en Lousame cun coche empotrado contra unha casa tras caer por unha pendente

Por Galicia Confidencial | Lousame | 16/09/2019 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Espectacular accidente en Lousame, afortunadamente, sen vítimas. Só dúas persoas sufriron feridas tras accidentarse co seu vehículo co que se precipitaron por unha pendente e posteriormente quedaron encaixados contra unha vivenda na localidade coruñesa de Lousame, informa Emerxencias 112.

Accidente
Accidente | Fonte: Protección Civil

O sinistro ocorreu este domingo ao redor do sete da tarde no lugar de Vilacoba, até onde se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender aos feridos, que foron trasladados ao hospital de referencia.

O 112 alertou aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Brión, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta