O espectáculo 'Bojiganga' abre este domingo o proxecto Camiño Escena Norte

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O espectáculo 'Bojiganga', de Sergio Gayol, dará o pistoletazo de saída á primeira función do proxecto Camiño Escena Norte, neste caso en Ribadeo, a cargo de Teatro del Cuervo.

Neste caso, a peza contará cun papel especial do público, que asumirá o papel do pobo na función participando de forma activa na historia.

Camiño Escena Norte é unha iniciativa de intercambio entre asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

Entre este domingo e o 13 de outubro, haberá espectáculos gratuítos en diferentes localidades do Camiño Norte, como Mondoñedo, Lugo, Vilalba ou Arzúa, entre outras

PRESENTACIÓN PROXECTO 'CAMIÑO ESCENA NORTE'. EUROPA PRESS SANTIAGO
PRESENTACIÓN PROXECTO 'CAMIÑO ESCENA NORTE'. EUROPA PRESS SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta