Xinzo de Limia terá escudo e bandeira oficiais

Ningunha entidade local poderá utilizar un escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta.

Por E.P. | OURENSE | 23/09/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A Comisión de Heráldica aprobou este luns o escudo e a bandeira oficiais do municipio ourensán de Xinzo de Limia. Así mesmo, examinaron os expedientes en curso dos municipios de Arteixo, O Pino, Vilarmaior, Oia e O Carballiño.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presidiu este luns a reunión da Comisión de Heráldica, informa a Xunta nun comunicado.

En total, aprobáronse 260 escudos e bandeiras de municipios galegos nesta comisión, tras a petición dos concellos de modificar ou adaptar os seus símbolos co fin de seguir o decreto que os regula.

Así, pódense rehabilitar os símbolos que historicamente se empregasen ou modificar os existentes, con base sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos conforme á normativa de heráldica.

Ningunha entidade local poderá utilizar un escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta, sen prexuízo daqueles que obtiveron visto e prace do Estado con anterioridade ás competencias da Comunidade.

Bandeira de Galicia e da UE
Bandeira de Galicia e da UE | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta