A familia da muller asasinada no CHUO por violencia de xénero volve reclamar a responsabilidade da xuíza

O recurso considera que foi neglixente ao non pór en marcha medidas tras recibir un atestado que apuntaba á violencia de xénero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A familia de Isabel Fontes, a verinesa asasinada o seu marido mentres se recuperaba dunha agresión previa no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), volveu a presentar un recurso de alzada, pola vía administrativa, para reclamar a responsabilidade da xuíza de instrución neste caso.

O recurso, presentado o pasado mes de xullo aínda que aínda sen resolución, fai fronte a unha decisión previa do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), que arquivou a causa contra a xuíza de instrución ao entender que non concorría ningunha infracción disciplinaria na súa actuación.

A defensa sostén que o CGPJ non responde con esta decisión á posible neglixencia cometida pola xuíza de instrución ao non realizar a comparecencia que marca a lei tras recibir un atestado por parte da Garda Civil que avisaba dunha tentativa de homicidio no ámbito da violencia de xénero.

A familia de Isabel Fontes considera que a xuíza non protexeu de forma suficiente á muller tras a primeira agresión, producida na casa familiar de Pazos, en Verín, a pesar de que o atestado da Garda Civil xa apuntaba a que fora atacada polo seu marido. O home acoitelouna mortalmente un mes despois, mentres se recuperaba no Hospital de Ourense.

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta