Temas: DVICIO

Vídeo do Salón Erótico Venus Galicia

Abotóense os cintos. Ampla reportaxe gráfica sobre o Salón Erótico Venus Galicia celebrado esta fin de semana en Narón. Todo o que o goberno municipal de Ferrol non quería que vísemos e algunha cousa máis. Vídeo e imaxes explícitas no interior.

Por Paco Gallego | Narón | 15/05/2012 | Actualizada ás 21:51

Comparte esta noticia

None

Imaxes e vídeos para adultos sobre o Venus Galicia nestoutra noticia.

Censurar é a arte de prohibir que os demais vexan, escoiten ou fagan o que un acaba de ver, escoitar ou facer. O Goberno Municipal de Ferrol, presidido polo popular Rey Varela, impediu a celebración do Salón Erótico Venus Galicia no FIMO, quizais pensando que con esta negativa o que lograba realmente era impedír a súa celebración en calquera lugar de Galicia. Afortunadamente, non foi así.

O Salón Erótico Venus Galicia 2012 celebrouse por todo o alto -nunca mellor empregada a expresión-  os días 11, 12 e 13 de Maio no novo recinto NARÓN VIP, ao lado da discoteca INK, na mesma Estrada de Castela que comunica a cidade departamental coa localidade de Narón, convertida agora na oitava cidade de Galicia. GC Tendencias estivo alí. Prepárense para vivir emocións fortes. 

Á nosa chegada recíbenos Bruno, de Bruno y María, a parella liberal máis famosa de todo o Estado, e son da Coruña. Bruno atende con cansazo pero con moita amabilidade. Ensínanos o recinto. Á entrada, nas instalacións propiamente ditas da discoteca, un recibidor con mostradores de bebidas, zonas de relax, bocatas quentes para "non esquecer a boca" (cita literal) e unha subida ao Tunel do Amor, onde calquera parella pode perderse e practicar o sexo en tranquilidade. Aínda non é a Swinger Room. Relax.

None

Dende aí, e cara á esquerda, accedimos á carpa onde se ubicaban unha decena de expositores e tres escenarios onde se desenvolvían diferentes espectáculos, os cales nin deixaban case tempo para recuperarse. Moito público feminino e mozo durante os tres días, segundo nos confesou Bruno. Non se dubidou da súa afirmación. Na tarde do domingo era, dende logo, evidente. 

Público observando as actividades do escenario patrocinado por Red Devil e actricesporno.com. Todas as escenas ían sendo recollidas en vídeo.

Percorremos os diferentes espazos expositivos. A amabilidade dos seus responsables foi a nota dominante. En La Boutique del Sexo, que celebra o seu quince aniversario, puidemos retratar diferentes obxectos eróticos, roupa, películas e todo tipo de complementos. O seu responsable reafirma o carácter pioneiro da súa empresa en Galicia. Teñen tendas en Ourense, Lugo (dúas), Arousa ou Ribeira. Sobre a concorrencia, destácase o sábado como o día máis activo. Sobre as vendas, é outro cantar. A crise cébase con todo.  O pracer non queda a salvo. Tampouco. 

Diferentes artíciulos de La Boutique del Sexo.

Procuramos non perdernos nada do que se nos oferta. En tanto percorremos stands e charlamos cos seus/súas responsables, sucédense espectáculos diversos en cada un dos tres escenarios. Non damos abasto. All Spice Films organiza castings X para quen quixer adicarse a este negocio. Deadly Wood, exposición de Álex Pérezamósanos a súa fotografía erótica creativa. Preciosas imaxes dignas de calquera proxecto expositivo fotográfico. Secreto de Dioses presume de consoladores, vibradores, obxectos de adorno, reloxos de Playboy, monecas, roupa erótica...de todo. Alucinamos co expositor luminoso onde se ensinan os últimos Lelo, marca de vibradores por excelencia en canto ao deseño, a suavidade, a practicidade. O mellor do mellor. Recárgase nun instante. Seica din as súas usuarias.

Material exposto en Secreto de Dioses.

Conversamos amplamente coa xente de Mitapersex. A muller responsable do seu stand é a amabilidade personificada. Grazas a ela tivemos na nosa man obxectos tan preciados. como o vibrador "Nacho Vidal" a tamaño real (eviten comparacións), as bolas chinesas, os vibradores dobres para parellas femininas, perfumes, óleos, aceites e, sobre todas as cousas, e coa cara iluminada como a de quen sabe ben de que está falando, "o Audi ou o Lexus dos vibradores": o Lelo. O seu deseño, tacto e facilidade de uso impresionan ao máis pintado. "Nada que ver co modelo Nacho Vidal", coméntanos a responsable de Mitapersex. "Isto é moitísimo mellor". Mitapersex organiza reunións de grupos onde pon en coñecemento da xente diferentes artigos que estaban expostos neste Venus Galicia. A súa dona é da Coruña. Como Bruno. Coma nós. As cousas estas sempre axudan a comunicarse mellor. Para todo o demais...o Lelo. Eis.

O BMW dos consoladores.

Neste vídeo que podedes ver a continuación fixemos un resumo musicado do que foi dando de si a nosa presenza neste Venus Galicia. Na súa parte final, non vos perdades os diversos obxectos que había á venda e as explicacións sobre eles da xente de Mitapersex. Quedamos moi agradecidos.

Os tres escenarios rebosan actividade. Ao de Red Devil con Actricesporno.com súmanse o de Bruno y María, por unha banda, e o de All Spice Films por outra. Neste último puidemos asistir a un interesante número protagonizado por varios homes e mulleres que se tocaron mutuamente, bailaron, gozaron e fixeron gozar con bastante arte e arrincaron -sen dificultade- o aplauso do numeroso público que pouco a pouco se ía achegando. Os homes, case todos, gravadoras en man. Elas, as rapazas, a mirar e observar. Algunhas tamén a recoller e inmortalizar o momento. A tarde vai caendo e cada vez son máis as persoas que se achegan a este recinto. As escenas van subindo de ton a cada paso. En Red Devil unha muller orina enriba doutra con extrema habilidade e forza expulsiva. O público recibe as pingas que lle tocan con ledicia curiosa. Nós safamos polos pelos. Bravo. Este momento quedou recollido nun vídeo que poderán visionar os nosos suscritores do GC Plus. Aquí non se pode poñer iso.

Diversión en parellas.

Non moi lonxe dalí, nunha escura sala, practicábase o intercambio repentino de parellas. Achegámonos por alí, pero miráronnos mal. Foi o único momento da xornada onde notamos con certeza que hai cousas que a xente prefire facer con certa intimidade. A cámara na nosa man pode ser, seguro, unha arma de destrución masiva. Chámanlle a Zona Swinger. Ao igual que no Túnel do Amor, é un lugar pensado para as prácticas sexuais. A diferenza é que aquí compartes a túa parella, cambias de parella, retornas á parella e todo o que faga falla coa túa parella ou coa doutras persoas. As entradas e saídas eran continuas. Todos e todas mirábamos para alí con certa inquietude. Que pasaría por entrar? A pregunta quedou, na inmensa maioría das persoas alí presentes, sen resposta. Para outras, a resposta foi directa. E tanto.

Unha parella de actores agarda a súa quenda pacientemente e agarimosamente.

É moi importante non deixar pasar por alto a continua presenza necesaria da xente do Comité Antisida de Ferrol. Repartían profilácticos, falaban coa xente, sacaban fotos para promocionar as medidas preventivas para as prácticas sexuais, etc. Conversamos un rato cun dos seus representantes, persoa antano relacionada coa asociación Moucho da Coruña. A Coruña again. En todas partes. Nesta imaxe que vos ofertamos a continuación, dous actores porno posan moi amablemente no stand fotográfico  de Álex Pérez de cara a promover o uso do condón entre as parellas masculinas homosexuais, e que amosan orgullosos entre os seus dedos. Moi boa iniciativa. 

Un responsable do Comité Antisida de Ferrol tirando fotos para promover as prácticas sexuais seguras.

Moitos dos espectáculos contaban como complemento escénico co material de repouso (é un dicir) da empresa Sexdivan.es. Nós probamos estes cacharros e a verdade é que semellan ter unhas posibilidades realmente asombrosas. Tanto para esgotarse como para recuperarse. Moi cómodos. 

Espectáculo lésbico no diván.

No twitter @GcTendencias dispoñedes de máis imaxes tomadas en directo. Tamén nos próximos días iremos poñendo á vosa disposición un álbum máis completo de imaxes no facebook GC Tendencias. Estade atent@s!! Para contactar con nós, tendencias@galiciaconfidencial.com.

None
None
None
None
None
None
None
None
None
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 Ana Fernández

Parabéns por esta reportaxe tan apetecible e gostosa de ler.

9 Sinistro Total

Canta pu ta, e eu tan vello.

8 Antón

A banalización comercializadora capitalista de algo tan natural coma a vida sexual. Esto xa está sendo a prensa amarela en galego tipo Play Boy pero sen glamour, coelliñas e bastante cutre hortera.

1 Dobarro

Machiño, algunha vez miraste un PlayBoy?

7 Artús

A banalización comercializadora capitalista de algo tan natural coma a vida sexual. Esto xa está sendo a prensa amarela en galego tipo Play Boy pero sen glamour, coelliñas e bastante cutre hortera.

6 A Faísca

Pensei que era a convención da UPG todos chupandose as pirolas uns a outros

1 Antón

O teu noxento comentario insulta mais a quén o emite que a quén o percibe.

2 Artús

Pois a min paréceme gracioso. Non entendo como o meu alter ego se sente magoado.

3 A Faisca

E que aos alteronanistas vainos mais a sodomia pasiva e o bico mouro.