O PP galego propón condenar o negacionismo da violencia machista que practica a ultradereita coa que pacta Casado

"Se a alguén lle molesta que defendamos ás mulleres contra esta secuela, síntoo moito", expresou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia quere que o Parlamento galego condene expresamente os "posicionamentos negacionistas" da violencia machista "que pretenden desvirtuar a dura realidade das vítimas", así como os "intentos de patrimonialización" dos "avances" para erradicar esta "secuela". A priori, un paradoxo cando o líder estatal dos 'populares', Pablo Casado, decidiu pactar co partido ultradereitista Vox a achegarse ao seu discurso de negación da violencia machista.

O PP presenta as súas propostas de resolución.
O PP presenta as súas propostas de resolución. | Fonte: Europa Press

Trátase dunha das 40 propostas de resolución rexistradas polo grupo maioritario na Cámara galega para o Debate sobre o Estado da Autonomía, entre as que tamén inclúen unha iniciativa para instar o Goberno central a modificar a lei electoral para facilitar que goberne a lista máis votada, proposición á que os 'populares' convidan a sumarse ao PSdeG, xa que cren que "deberían estar de acordo a tenor do que pasou ultimamente".

"O que nos preocupa son as mulleres galegas que sofren a secuela machista. Se a alguén lle molesta que defendamos ás mulleres contra esta secuela, síntoo moito", indicou este xoves o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, durante a presentación das propostas 'populares' para o debate de política xeral que, tras as negociacións dos grupos, serán votadas na mañá do venres.

Despois de que os catro grupos da oposición —PSdeG, Común da Esquerda, BNG e En Marea no mixto— afeasen durante a xornada inaugural ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, os acordos do seu partido con Vox en territorios como Andalucía, Madrid ou Murcia, o PPdeG lamentou que a oposición empregue a violencia de xénero "como arma política", polo que apelan a que o Parlamento manteña unha postura "unánime" para combater este problema.

Cuestionado sobre a postura de "condenar o negacionanismo" entra en conflito cos acordos establecidos polo seu partido noutros lugares de Esapaña, Miguel Tellado respondeu reivindicando que os 'populares' galegos traballan "nun proxecto que se chama Galicia". "Preocúpame o que digan os galegos, e especialmente as mulleres", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo6034

Feijoo y sus cuates se están jugando la mayoría absoluta, y es probable que la vayan a perder. No es poca la gente de derechas que en las elecciones autonómicas vota al PPdG de mala gana. Feijoó y sus cuates parecen no haber reparado en que no pocos de los votos que reciben es por que ellos son Guatemala y el PSdG y sus aliados nacionalistas son Guatepeor. Si Guatemala es cada vez más mala, finalmente habrá poca diferencia con Guatepeor y así, los votantes se quedarán en casa o se echarán unas risas votando a Vox.