O conselleiro de Cultura sobre se Meirás pasará a patrimomio público: "Terán que decidilo os xuíces"

"Esperamos que o desenvolvemento xudicial chegue a bo porto", subliñou o conselleiro Román Rodríguez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asegurou este venres que espera que "chegue a bo porto" o proceso xudicial para que o Pazo de Meirás, en mans na actualidade da familia Franco, pase ao patrimonio público. Preguntado polos medios sobre se a próxima cita no xulgado en xaneiro á que están chamadas as partes no marco da demanda do Estado para recuperar Meirás é a boa, o conselleiro respondeu que "terán que dicilo os xuíces".

"Toda Galicia demostrouno no ámbito parlamentario e da Xunta. Temos un desexo de que o Pazo de Meirás pase a formar parte do patrimonio público", defendeu. Neste sentido, lembrou que existe "un mandato unánime do Parlamento galego" e "a creación dunha comisión por parte da Xunta que está orientada a dar argumentos técnicos ás persoas que teñan que defender esta postura".

"Esperamos que o desenvolvemento xudicial chegue a bo porto", subliñou o conselleiro, para concluír que "van ter que dicilo os xuíces que teñan que tomar a decisión última sobre esta cuestión".

AUDIENCIA

A letrada do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña convocou para xaneiro de 2020 a audiencia previa ao xuízo derivado do proceso iniciado polo Estado o pasado mes de xullo para reclamarlle á familia Franco a propiedade do Pazo de Meirás.

Respecto diso, a letrada apunta nun auto que a audiencia ten como primeiro obxectivo "tentar alcanzar un acordo ou transacción entre as partes", ademais de examinar "as cuestións procesuais" que poidan impedir o seguimento do proceso e fixar "con precisión" o obxecto do preito e "os extremos de feito e de dereito sobre os que exista controversia".

Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. EUROPA PRESS - Arquivo
Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta