Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/04/2024 | Actualizada ás 18:48
A Denominación de Orixe Ribeiro protagoniza esta fin de semana unha acción promocional para difundir a nova edición de 'Primavera de portas abertas', as tradicionais xornadas de portas abertas nas Rutas dos Viños, que este ano comezarán o 3 de maio para o público xeral.
Esta acción promocional (que se realizou xa en Valdeorras e nas Rías Baixas) contará neste caso coa participación dun grupo de bloggers e instagramers especializados en enogastronomía e viaxes, para os que Turismo de Galicia organizou un programa de visitas a adegas. Ademais, tamén coñecerán o patrimonio cultural da zona cun percorrido polo castro de San Cibrao das Viñas, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, o Museo do Viño de Galicia e terán tamén unha sesión de termalismo.
O calendario das accións promocionais continuará do 19 ao 21 de abril na da Ribeira Sacra e do 26 ao 28 de abril na de Monterrei. Todos os participantes son diferentes bloggers e instagramers en cada Denominación de Orixe e suman máis de 1 millón de seguidores en redes sociais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.