O Debate do Estado da Autonomía finaliza con só nove acordos unánimes

Aprobáronse, ademais, 57 resolucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O terceiro e último debate de política xeral da X Lexislatura saldouse cun total de 57 resolucións aprobadas e nove acordos unánimes, tendo en conta que un erro no sentido de voto por parte do catro deputados do Grupo Mixto impediu chegar a acordo nunha iniciativa relativa á modernización da xustiza.

Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía 2019
Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía 2019 | Fonte: Europa Press

En concreto, os de Luís Villares (En Marea) situáronse en contra dunha proposta do PPdeG que pedía dotar de novas tecnoloxías os xulgados e reclamar ao Estado as unidades necesarias para Galicia. Con todo, unha vez detectado o erro, o portavoz do grupo solicitou poder cambiar o voto, unha cuestión que non se puido realizar tras a consulta aos servizos xurídicos da Cámara.

Das 200 iniciativas presentadas —cada grupo formulou 40—, mantivéronse 34 do PPdeG tal e como as presentou, mentres que seis foron modificadas con matices incluídos polo PSdeG, entre elas unha que pide mostrar a solidariedade co pobo de Venezuela á que os socialistas engadiron pedir o compromiso da Xunta para o desenvolvemento dun programa específico para a atención aos retornados deste país. Esta medida tamén foi apoiada polo Grupo Mixto mentres que os comúns votaron en contra e o BNG abstívose.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta