Piden un pleno en Ponteceso sobre a "crise da auga" para aclarar se se debeu "a un mal enganche"

O PP local di que aproveitará o pleno "para despexar todas as dúbidas e coñecer as causas do problema para tratar de que non se volva a repetir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Os grupos municipais do Partido Popular e de APIN no Concello de Ponteceso (A Coruña) presentaron de maneira conxunta este mércores no rexistro local un documento no que solicitan a celebración dun pleno extraordinario sobre a "crise da auga" que provocou un brote de gastroenterite que afectou a máis dunha trintena de persoas.

Así o reivindicou o Partido Popular despois de que o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, destacaron os populares nun comunciado, "negásese a contestar as preguntas formuladas polo Partido Popular" na sesión plenaria levada a cabo o pasado luns sobre "se o rexedor coñecía ou non a existencia de máis problemas que tivesen que ver coa calidade a auga nos dous últimos anos".

Por iso, tras "a súa negativa a enumerar as actuacións realizadas para o bo mantemento da traída", o portavoz popular, Daniel García Cotelo, entende "necesaria" a celebración "urxente" dun pleno extraordinario.

"Non podemos consentir que o señor García Carballido siga dando a calada por resposta. Os veciños queren saber que sucedeu e por que sucedeu para poder pedir reclamacións e responsabilidades a quen teñan que pedirllas", afirmou o edil popular.

Neste sentido, García Cotelo apuntou que, ao longo dos últimos días, "se han ido coñecendo noticias sobre as posibles causas do brote de gastroenterite que afectou aos veciños" e apuntou a un "mal enganche".

"O último que soubemos hoxe é que o problema podería deberse a que a auga da traída estaba enganchada ao tanque de treboadas das residuais. De ser así estariamos ante unha neglixencia moi grave por parte do alcalde como máximo responsable deste servizo", afirmou.

"DESPEXAR DÚBIDAS"

Ante "esta falta de información por parte do goberno local", por parte do Partido Popular avanzaron que aproveitarán o pleno extraordinario "para despexar todas as dúbidas e coñecer as causas do problema para tratar de que non se volva a repetir".

"Estamos ante un asunto que afecta á saúde das persoas. Non se trata dun enfrontamento político por un tema de menor importancia, é un problema grave e o alcalde non se pode amparar en regulamentos para non dar explicacións", concluíu.

O PP pide un pleno extraordinario en Ponteceso (A Coruña) sobre a crise da auga.. PP
O PP pide un pleno extraordinario en Ponteceso (A Coruña) sobre a crise da auga.. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta