Galicia superará os 10.000 millóns de orzamento en 2020, pero rebaixa ao 2% o crecemento deste ano

O Goberno galego vén de aprobar o teito de gasto para 2020. A previsión de crecemento económico modérase.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal deste xoves o teito de gasto non financeiro para o exercicio de 2020, que eleva a 10.160 millóns de euros, o que supón aumentar a capacidade de gasto en 311 millóns (un 3,1%) en relación ao orzamento en vigor.

Consello da Xunta. XUNTA
Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Deste xeito, no ano no que se celebrarán as eleccións autonómicas e que desembocará no Xacobeo 2021, o orzamento que manexará Feijóo --o habitual é que a Xunta esgote o teito de gasto ao articular as contas-- volverá superar os 10.000 millóns de euros despois dunha década marcada pola crise económica. En todo caso, o crecemento económico modérase, na liña co Estado.

Non en balde, a Xunta, "por prudencia", ante a "inestabilidade" do escenario estatal e debido ao comportamento do sector exterior, actualizou a previsión de crecemento do PIB para este 2019 á baixa --do 2,5% previsto inicialmente ao 2%--. Para 2019, a previsión é que a economía galega creza un 1,9%. No entanto, mantense o crecemento "sostido" do últimos seis anos.

En canto á taxa de paro, a Xunta actualízaa tamén para o exercicio en vigor, cunha evolución favorable xa que se contempla que caia do 12,7% fixado inicialmente ao 11,4%. A finais de 2020, Feijóo subliñou que a previsión é que "rolde o 10%" (a previsión concreta para o exercicio é do 10,6%).

Tanto no caso da taxa de paro como da previsión de crecemento económico cumpriranse os parámetros previstos no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que establecían un crecemento medio do PIB galego do 2,5% neste período e unha taxa de paro do 10% ao finalizar o ano próximo.

Os detalles do teito de gasto proporcionáronos o presidente do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ao termo da reunión do Consello da Xunta.

TEITO DE GASTO "A PESAR DE TODAS AS CAMBADELAS"

O presidente incidiu na "responsabilidade" e a "estabilidade" de Galicia, a pesar de que o Goberno central "manteña a débeda de 700 millóns de euros e de que non se facilitase nin un dato" dos ingresos do próximo ano, xa que o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) leva 14 meses "bloqueado", o seu Executivo elixiu a opción "máis difícil", a de deseñar unhas contas para 2020.

"Aprobaremos un orzamento para 2020 para protexer a Galicia da inestabilidade, a pesar de todas as cambadelas e de todas as dificultades", esgrimiu Feijóo, quen tamén resaltou que o cadro macroeconómico para o ano próximo é "prudente e realista", xa que ten en conta a desaceleración da economía europea e española, así como a inestabilidade en España.

EN GALICIA, "MILAGRE E MEDIO"

Na mesma liña pronunciouse o conselleiro, a preguntas dos medios, quen a incidido en que a previsión de crecemento do PIB vai en liña co estimado para a economía española e por encima das previsións da Unión Europea e das principais economías da Eurozona.

De feito, apuntou que, se se fala "do milagre portugués", en Galicia habería que falar de "milagre e medio". En canto a que se articulen uns orzamentos a pesar de non coñecer as entregas a conta e mentres se fala de "emerxencia financeira", replicou que todo iso non significa que a Xunta "dea por descontado" que non vai recibir os recursos que se lle deben.

ESTIMACIÓNS

Neste sentido, o conselleiro defendeu que o teito de gasto aprobado é "prudente e rigoroso", e está conformado por 10.112 millóns de euros de recursos non financeiros --incluíndo os recursos do sistema de financiamento, os fondos finalistas e outros recursos non financeiros--, e por 68 millóns de euros correspondentes ao 0,1% de necesidade de financiamento, e unha vez detraídos 21 millóns de axustes de contabilidade nacional.

Con esta evolución, a Comunidade contará cunha capacidade máxima de gasto que supera en máis de 1.700 millóns de euros á de 2015, e será o segundo ano consecutivo en que o teito de gasto é aprobado sen recorrer practicamente á débeda.

Na elaboración do teito de gasto, o Goberno galego defendeu que optou por unhas estimacións "moi prudentes", tendo en conta que o Goberno central non facilitou a contía dos recursos do sistema de financiamento correspondentes ao exercicio 2020, o que se suma ao feito de que o CPFF leva máis dun ano sen reunirse. En todo caso, a Xunta prevé un incremento desta partida (que representa o 90 por cento dos ingresos) na liña do crecemento nominal da economía.

NOVENO TEITO DE GASTO

O teito de gasto aprobado este xoves é o noveno autorizado pola Xunta. O primeiro recibiu a luz verde do Parlamento autonómico en setembro de 2011 e, desde entón, o Executivo autonómico aprobou límite de gasto todos os anos, sen excepción.

Tras a aprobación no Consello, o teito de gasto será remitido ao Parlamento para a súa ratificación por parte do pleno da Cámara. Este trámite fixouno por primeira vez a Lei de disciplina orzamentaria impulsada en 2011, cando Marta Fernández Currás ocupaba a Consellería de Facenda.

Galicia foi a primeira comunidade en aprobar unha lei destas características, un paso que despois foi imitado por outras comunidades e o Goberno central. A aprobación dun límite de gasto non financeiro é un paso obrigatorio para poder aprobar o proxecto de Lei de orzamentos e remitilo ao Parlamento para a súa tramitación. Establece a capacidade máxima de gasto que terá o Goberno galego para elaborar as súas co

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta