Unha vertedura no río Mendo obriga a pechar a captación de auga destinada ao abastecemento en Oza-Cesuras

O Concello asegura que a contaminación non entrou na rede e que o abastecemento está garantido.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/10/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Unha vertedura no río Mendo obrigou a pechar a captación de auga destinada ao abastecemento de Cesuras no concello de Oza-Cesuras, segundo informa.

Río Mendo
Río Mendo | Fonte: Wikiloc.

Desde o consistorio, explican que a contaminación non entrou na rede e o abastecemento está garantido debido ás reservas da propia estación e a que se está bombeando auga desde a estación da Reguera.

En concreto, foi este venres pola mañá cando a estación de tratamento de auga potable de Seixas detectou a presenza de auga contaminada no lugar da captación no río Mendo. A empresa concesionaria do servizo procedeu, entón, a pechar a entrada de auga á instalación de tratamento.

Ademais, técnicos da empresa e persoal municipal desprazáronse ao lugar da captación e puideron comprobar que a auga do río presentaba unha gran turbidez e desprendía un forte cheiro a xurro.

Ante esta situación, o responsable da empresa concesionaria denuncio a situación ao Seprona. Segundo se indica desde a empresa, a auga contaminada non chegou ao interior da planta, polo que aseguran que a rede de abastecemento está "en perfectas condicións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta