Cambados honrará a Fraga cunha escultura

O concello do popular Luís Aragunde gastará máis de 15.000 euros en tempos de crise cunha escultura ao ex presidente da Xunta. A oposición oponse.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 31/05/2012 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

Un ano despois das eleccións municipais e con moitos dos municipios con graves problemas económicos, o Concello de Cambados encargou a realización dunha escultura de quen foi presidente da Xunta durante 16 anos, Manuel Fraga. Unha decisión que ten provocado a oposición de socialistas e nacionalistas e de asociacións cidadáns que mesmo xa se mobilizaron a través das redes sociais en contra desta medida.

O concello di que a obra custará máis de 15.000 euros que sufragará con cartos doutras administracións. Con todo a oposición dubida destas cifras porque a obra foi engargada ao artista Lucas Míguez (que xa fixo as estatuas de Cabanillas e Asorey). Precisamente a estatua deste último xa custou case 30.000 euros.

None

A obra xa está moi avanzada e o popular Luís Aragunde podería tela lista para este verán. A súa intención sería inaugurala durante a Festa do Albariño. A obra podería situarse no Pazo Torrado, porque é un espazo que permanece fechado polas noites e sería unha garantía para evitar sabotaxes.

Críticas da oposición

Os primeiros en pronunciarse sobre a nova escultura que o Concello mercou para honrar ao fundador do seu partido foron as Xuventudes Socialistas de Cambados, que declararon que “non permitirán” que se erixa esta estatua, e lembraron o pasado franquista de Manuel Fraga.

Pola súa banda o Bloque xa rexistrou no Concello preguntas ao alcalde sobre o tema. Para o nacionalista Víctor Caamaño é unha “burla” que o goberno local pida austeridade e lle suba os impostos aos veciños de xeito abusivo para a continuación gastar miles de euros nunha escultura “para mellor gloria do PP”.

Información do blog colaborador cambados.tk

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 PARDAL

A executiva Nacional do BNG xa tería que dar instrucions dende o responsabel de Política Municipal para que ningun grupo do BNG faga apoloxía do Fascismo permitindo poñer cabezons por toda Galiza. En Ponteareas xa lle levou anos quitar un, e agora só faltaría que lle encasquetaran outro. Xa sabedes pintura o canto e se cadra maza do 8. ABAIXO CO FASCISMO!!!

1 rula

Pois que comece limpando a propia casa, si o Bloque Rexional-Pintoresco que goberna en Monforte de Lemos e honra a Fraga. O fascismo sempre ten colaboradores necesarios, uns por alimento e outros por silencio. Abaixo cos colaboradores do fascio!!!

3 vic

Gustanos o feismo urbanistico e ó carallo!!

1 Robin das Carballeiras

Pero con feo con gañas, feo de carallo (e parece que non temos remedio).

2 Cambades

Luis parviño pon a estatua na túa casa.

1 Nandiño

En Monforte de Lemos, cun alcalde do BNG, acabanlle de poñer unha rúa

1 galiza ceive

galiza ceive

2 lemés

Nandiño, non esquezas un pequeno detalle, que se cadra non é menor... Na asemblea comarcal do BNG un par de militantes anoxados pediron que se rectificara o acordo do pleno, e cos votos de Máis Galiza e dos Irmandiños de Chantada e Sober calaron aos críticos, deixando que o vello fascista teña rua principal en Monforte. A complicidade do BNG de antes e de agora, igual que a do PSOE quedou ao descuberto. E logo sae a patética Vega Buján a explicar na prensa que a eles -os benegas- tamén os votan xentes do PP, logo adiante coas honras a Fraga. E moi pronto a celebrar as victorias de La Roja, como no mundial, con pantallas xigantes e adiantando a inauguración dunha fonte para gozo dos españolistas. O do BNG é moito, e os de Monforte máis!

3 LemavoGZ

O da rúa a Fraga en Monforte é do máis patético, o incrible e que logo saia o Severino pedindo desculpas en "La Voz de Galicia",a xente do PP vota ao PP non ao BNG, que non nos tomen por parvos agora istes autonomistas que se fan pasar por nacionalistas moderados, estou da moderación até o carallo. Cobardía política chamolle eu ao do Severino, medo a tomar posicións cando e necesario, os votos do PP que os metan no cú se queren, co meu voto que non conten máis.

4 Akribéstaton

Há muito complexado na esquerda galega. A essa falta de carácter não é estranha a falta de formação.

5 couso

A min gustame a opinión de galiza ceibe: "Galicia ceibe". Todas as merdas que temos veñen precisamente de que Galicia non é ceibe e os políticos afánanse en manter a compoñenda en Madrid. Unha perda de enerxias e sentimentos. Galicia ceibe.