Bescansa ve "demasiado grave" o xuízo do Procés e aposta por solucións políticas

"Somos un país de países, unha nación de nacións e expresamos o noso orgullo nacional de moitas maneiras", di sobre o 12 de outubro.

Por E.P. | A Illa da Arousa | 12/10/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de máis País pola Coruña, Carolina Bescansa, indicou que ve "demasiado grave e transcendente" o xuízo aos dirixentes independentistas cataláns como para "especular" sobre a posible sentenza.

Este sábado durante a presentación da candidatura de máis País en Galicia, Bescansa foi cuestionada sobre as informacións de diversos medios que aseguran que a Sala do Penal do Tribunal Supremo condenará por delitos de sedición e malversación ao nove líderes independentistas en prisión que foron xulgados polo 'procés'.

Tras lamentar que se "especule" sobre cuestións "que aínda non son oficiais", Bescansa apelou a ter "altura de miras" para "enteder que ocorra o que ocorra coa sentenza, a crise territorial española e a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos".

"Lamentablemente levamos moito tempo vendo como os políticos forman parte do problema e non da solución", engadiu a socióloga santiaguesa, que confía en que as "bases" das organizacións "acaben achegando un pouco máis de sentido común á vida política española".

Comparecencia do vicepresidente catalán Oriol Junqueras, o portavoz Jordi Turull e o conselleiro de Asuntos Exteriores, Relacións Institucionais e Transparencia Raül Romeva, na xornada do referendo de independencia de Cataluña o 1 de outubro de 2017
Comparecencia do vicepresidente catalán Oriol Junqueras, o portavoz Jordi Turull e o conselleiro de Asuntos Exteriores, Relacións Institucionais e Transparencia Raül Romeva, na xornada do referendo de independencia de Cataluña o 1 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta