A plataforma contra a mina de Touro acusa á empresa de "instalarse na burocracia" para "marear a perdiz"

Di que está "comodamente instalada na roda da burocracia e do papelorio inútil" coa "conivencia" da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Plataforma Mina Touro O Pino Non alertan da "cuestionable tramitación" que se lle dá a este proxecto por parte da promotora, Cobre San Rafael, posto que parece "comodamente instalada na roda da burocracia e do papelorio inútil" coa "conivencia" da Xunta.

O colectivo en contra desta canteira situada entre os municipios coruñeses de Touro e O Pino critican, a través dun comunicado, que "en innumerables ocasións" as empresas reclaman "unha tramitación máis áxil" ás administracións. Con todo, Cobre San Rafael, "dilata os prazos de entrega de documentos que son clave" para que os técnicos da Xunta avalíen o proxecto, sinala.

"Ou presenta unha documentación extensísima, reiterativa e confusa con múltiples anexos que fan perder o fío da exposición, ou achega sucesivas actualizacións de documentos escollendo as palabras para maquillar a redacción sen cambiar o fondo", explica o colectivo.

Así as cousas, a plataforma en contra da mina de Touro e O Pino insisten en que tanto os técnicos da Administración como veciños, asociacións e expertos "xa puxeron encima da mesa" as "carencias e impactos" do proxecto sobre a zona.

Ademais, "durante estes máis de dous anos" de tramitación a empresa "non foi capaz de responder de modo solvente a estas dúbidas e demandas", polo que parece "que non ten verdadeira intención de achegar luz" sobre a mina, senón "só de marear a perdiz".

Residuos da mina de Touro - O Pino (A Coruña) que verten ao río Ulla
Residuos da mina de Touro - O Pino (A Coruña) que verten ao río Ulla | Fonte: Aldea Viva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta