Os ataques das velutinas custaron xa 4,5 millóns de euros en Galicia

Un informe da UE destaca a influencia deste novo depredador invasor en froiteiras e tamén na produción de mel. “Este nova especie está preocupando á UE”, recolle o estudo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/10/2019 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Un informe da UE sobre o impacto de especies invasores en ecosistemas europeos confirma a perigosidade das vespas velutinas, especialmente, pola súa influencia nos cultivos e no desenvolvemento doutras colmeas de abellas. Un impacto que, no caso de Galicia, supón perdas de 4,5 millóns de euros.

Así, e baixo o título de “Clasificación da taxa de impacto de especies invasoras en servizos de Ecosistemas” (CATIES, nas súas siglas en inglés), este informe avalía os efectos da vespa asiática ou velutina na polinización.  Utilizando mapas sobre a distribución de froita (principalmente mazás, peras e pexegos) en distintos países europeos, o estudo calculou as perdas económicas debido á depredación das velutinas sobre outros insectos e os efectos que isto ten na polinización.

A investigación destaca que esta especie invasora  acabou, nalgúns casos, co 65% de colonias de abellas autóctonas en áreas infestadas. O informe CATIES dá unha aproximación aos danos cuantitativos e afeccións biofísicas e realiza unha valoración económica do impacto de especie invasora nos distintos ecosistemas europeos

Así, conclúe que áreas concretas de España, Francia, Italia e Portugal son as máis afectadas polos efectos negativos da polinización debido á presenza de velutinas, entre elas, Galicia. De feito, o informe destaca que o custo anual desta especie invasora en Galicia é de 4,5 millóns, mentres que en outras rexións portuguesas como a de Entre Douro e Minho e Trás-os-Montes é de 2,5 millóns.

Segundo esta investigación, hai 14.000 especies invasoras en toda Europa e 66 están na lista de prioridades da UE pola súa ameaza “significativa” á biodiversidade e ecosistemas europeas. E, unha destas grandes prioridades é a loita contra a velutina, un vespa que se detectou por primeira vez no sur de Francia en 2004 e que, desde entón, colonizou zonas de España, Portugal, Bélxica, Alemaña, Italia e, máis recentemente, o Reino Unido.

Avespa velutina ataca unha abella
Avespa velutina ataca unha abella | Fonte: Danel Solabarrieta en Flickr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta