Rianxeira celeste no corazón de Madrid

Seareiros do Celta tomaron a Glorieta de Bilbao en Madrid para festexar o ascenso do Celta. Bandeiras de Galicia e camisolas e bufandas do equipo vigués tinguiron de celeste esta popular praza madrileña na que soou a Rianxeira. Vídeo da celebración no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/06/2012 | Actualizada ás 00:29

Comparte esta noticia

Un cento de afeccionados do Celta tinguiu de celeste este domingo a Glorieta de Bilbao en Madrid, un dos puntos máis populares e buliciosos da capital do Estado, para festexar o ascenso do equipo vigués á Primeira División da Liga de fútbol.

A peña Morriña Celeste convocou aos seareiros do Celta no seu habitual local de reunións, o bar Meigas, pulpo & friends, no número 13 da rúa Eguilaz, para seguir por televisión o partido disputado entre o equipo vigués e o Córdoba. Ao remate do mesmo, os seareiros saíron á rúa e dirixíronse cara a famosa Glorieta de Bilbao para festexar o ascenso do Celta. E a Rianxeira soou no corazón de Madrid.

Velaquí o vídeo das celebracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

4 celtista nacionalista

Cantos distos sairan a manifestarse pola perda de dereitos colectivos? Sanidade, Educación, Laborais, Servizos sociais...

1 Doutorando

Vai queixarte ó bar e deixa a xente que celebre o que queira e onde queira...

2 Celta

Parece que hai xente que lle amarga que outros sexan felices.

3 celtista nacionalista

Eu non dixen qwue celebrasen ou non o que lles pete, eu son celtista, pero só fago esa pregunta: cantos deles son ovellas e cantos non?. O outro día faltaban moita xente na mani da sanidade...

4 Celta

Que ten que ver unha cousa con outra? Sona a excusa para criticar sen vir ó caso.

3 sintoista

Patético, realmente patético.

1 Doutorando

Por? que ten de malo?

2 zzz

Alégrome por eles. Teñen unha razón para facer unha festa. Sintoista debe estar algo amargado.

2 déporchamberí

Vaia banda de paletos ! En Madrid vivimos milleiros de galegos perfectamente integrados e cantamos a rianxeira sempre que queremos, non é ningunha fazaña nin achamos hostilidade ningunha. Hai que ver que paletos son os do Celta, poñéndose medallas por chorradas.

1 Doutorando

Os do Depor fixeron o mesmo cando o ascenso. Paletos son os que chaman a asin a outros

2 DendeMadrid

Non sei....eu estiven nos festexos do Depor no mesmo sitio erguendo a Bandeira e cantando.....que hai ahí de paleto? Quer dicir eso que non festexo e canto a Rianxeira ou o que sexa se non é polo futbol? Non! é unha festa máis e punto! O que sí é certo, e que non hai que estar só co futbol, se non como din máis adiante....nas manis!!!

3 deporchamberí

Por suposto que non é de paletos cantar a rianxeira. Como vou eu dicir iso ? A paletada é darlle tanta importancia a que se cante nunha praza de Madrid, coma se fose en Tokio, vamos...Sonche cousas dos vigueses, como cando puñan vallas publicitarias na estrada da Coruña indicando a distancia a Vigo. En fin, eu son do Dépor e vacilo un pouco, he, he. Tampouco hai que tomalo tan en serio.

4 deprochamberí

E onde hai que cantar a rianxeira ben cantada é no Bernabéu gañándolle o centenariazo ao Madrid, como fixemos os do Dépor, ha, ha. Iso sí que non é de paletos...

5 DendeMadrid

poiiisss.....visto o visto!!! Voltemos ao Pulpo,Meigas an fiends as dúas aficións a celebralo xuntos!! Berremos Forte e Xuntos ¡ GALIZA É DE PRIMEIRA !

1 e1u

sempre celta!!!