O comité de Siemens-Gamesa nas Somozas preocupado por unha posible compra de Senvion

Os sindicalistas acusaron á dirección da planta das Somozas e aos delegados de UGT, de anunciar a existencia de carga de traballo ata polo menos setembro de 2020. "A nós, como integrantes do comité de empresa, non nos consta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa que a multinacional Simens-Gamesa ten no municipio das Somozas, Javier Fornos (independente), explicou que lles "preocupa" unha posible compra por parte da empresa alemá Senvion. Esta empresa das Somozas está dedicada á fabricación de pas para aeroxeradores, mentres que Senvion xa conta cunha factoría dedicada ao mesmo na zona de Aveiro (Portugal).

"Só temos que mirar facía atrás para ver as decisións que toma a propia compañía, desde Alemaña a empresa ten o seu plan estratéxico, os seus números, e en base a iso, toma as decisións", advirte.

Estas manifestacións realizounas nunha rolda de prensa celebrada no mediodía deste venres no local de CC.OO. en Ferrol, onde compareceu en compañía dos delegados desta organización na empresa.

O representante sindical, que se presentou no seu día como delegado como UGT, pero que posteriormente abandonou esta formación e agora exerce como independente, trasladou que "desde hai dous anos e medio", coa fusión, víronse "peches de plantas e deslocalización".

"Loxicamente, a preocupación témola que ter, non vivimos enganados, esa planta onde está, pois nos preocupa", sostén, pois está "moi ben comunicada coa zona portuaria e utiliza unha tecnoloxía moderna nos procesos de produción".

CAMPAÑA

Por outra banda, estes sindicalistas acusaron á dirección da planta das Somozas e aos delegados de UGT, de anunciar a existencia de carga de traballo ata polo menos setembro de 2020. "A nós, como integrantes do comité de empresa, non nos consta", advirte.

Apunta que este anuncio se fai en "unha campaña electoralista, xa que a finais de ano hai eleccións sindicais", "manexando a información dunha forma nesgada e de maneira enganosa facía os traballadores".

Critican que se trata de "unha escenificación, unha montaxe e un espectáculo mediático que os representantes de UGT realizaron co beneplácito da empresa". "O trato de favor recibido, ao non respectarse os principios de equidade e transparencia á hora de transmitir información ao resto de representacións sindicais, o que evidencia é o enfoque electoralista que ambas as partes lle quixeron dar", reprochou Javier Fornos.

Rolda de prensa do comité de Siemens-Gamesa nas Somozas.. CCOO
Rolda de prensa do comité de Siemens-Gamesa nas Somozas.. CCOO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta