Os traballadores da planta de Alcoa en Cervo volverán manifestarse este xoves en Burela

Insisten en pedir un marco e un prezo enerxético propio para a compañía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo (Lugo) retoman as mobilizacións e para este xoves programaron outra manifestación, neste caso en Burela, a partir das 20,30 horas, na Praza do Concello.

O presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, avanzou que seguen coas "mobilizacións" dado que "non" se produciu "cambio ningún", senón máis ben todo o contrario tras o anuncio por parte da multinacional americana de "recortes de produción e peche de plantas en todo o mundo".

Paleo considera que este anuncio "pon no punto de mira" á factoría da Mariña de Lugo, "porque unha das cousas que vai revisar é o custo da enerxía que é o que nos lastra e ponnos á cola", abundou.

"Somos a terceira fábrica a nivel mundial de Alcoa, pero co prezo da enerxía pasamos ao furgón de cola", comentou, en canto ás plantas que a multinacional americana ten por todo o mundo, esgrimía o sindicalista.

Así mesmo, o presidente do comité de empresa incidiu en que "a diferenza" con outras factorías radica en "o prezo da enerxía, e así en Francia, Alemaña ou Noruega teñen o prezo da enerxía un 50 por cento máis baixo", que en España.

"A fábrica de Alcoa en San Cibrao non está nesta situación porque é unha factoría obsoleta ou porque o aluminio non é un produto de futuro, está nesta situación porque a diferenza con respecto a esas outras fábricas,  está no prezo da enerxía que é máis caro e iso ponnos no furgón de cola e o futuro que vemos é moi negro", alertou.

Protesta dos traballadores de Alcoa na N-642
Protesta dos traballadores de Alcoa na N-642 | Fonte: Xornal da Mariña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta