Un cazador resulta ferido dun disparo nunha perna no Barco de Valdeorras

O 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Local de O Barco.

Por E.P. | OURENSE | 27/10/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Un cazador resultou ferido dun disparo nunha perna durante a xornada de caza deste domingo no municipio ourensán do Barco de Valdeorras.

Segundo informa o 112, foi o propio afectado o que deu o aviso á central de emerxencias. Para atendelo, o 061-Urxencias Sanitarias enviou ao lugar do suceso dous equipos, un deles ao bordo do helicóptero con base en Ourense. Ademais, o 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e Policía Local.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo informa o 112, foi o propio afectado o que deu o aviso á central de emerxencias. Para atendelo, o 061-Urxencias Sanitarias enviou ao lugar do suceso dous equipos, un deles a bordo dun helicóptero con base en Ourense.

Deste xeito, a aeronave procedeu a trasladar ao home ao CHUO. Ademais, a central do 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Local de O Barco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta