Alcalde de Ourense: "A ver si tenemos un poco de educación, carallo; dije una palabra gallega, ¿no queréis que hable gallego?"

Gonzalo Pérez Jácome volve facer chanzas á conta da lingua propia de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/10/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

De todos é coñecido que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non é amigo da lingua galega, que acostuma desprezar co seu habitual estilo bufo. No último pleno da pasada semana, volveu regalar outro episodio das súas xa acostumadas sobreactuacións esperpénticas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

No pleno do pasado venres, Jácome amoestou a dous edís da oposición chamándolles á orde, incluído o líder da oposición, o socialista Rafael Rodríguez Villarino.

Tras chamarlles a atención, o alcalde espetou: "A ver si tenemos un poco de educación, carallo", o que provocou as chanzas de varios concelleiros desde a bancada.

Ante as risas dalgúns, Jácome proseguiu: "Dije una palabra gallega. ¿No queréis que hable gallego?".

A sorna de Jácome sobre a lingua galega non é nada novo. Recentemente, durante o pregón das festas de San Francisco, incluíu no seu discurso: "Vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego. Esto es para los del Bloque, por si me están escuchando".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 anonimo

Non da para mais. Incapaz de decir nada intelixente, de maneiras torpes, simple, é un producto doutro tempo.

3 Daniel

Patufo desleigado e groseiro

2 Xavolve

Un pobre desleigado cun CI de -150. Agora que, como bon galego desertor do arado e cosmopailán que é, ben que fala en galego cando se pasa co viño... (véxase algún dos seus vídeos na súa tv). O jesus gil madrillego de Ourense. Non durará 4 anos, ista caste de trepas sempre caen antes por delitos de prevaricación, etc. Paciencia.

1 Alienao

Por desgraza é o prototipo de galego colonizado (maioría absoluta dende o principio dos tempos)

1 Moine

Pobre Ourense, cidade de Blanco Amor, governada por um analfabeto-reaccionário. Até onde chega a degradaçom dos votantes ouresans!