A CIG pide abertamente o apoio para Sermos Galiza

Nunha misiva interna remitida aos seus afiliados anímaos a subscribirse ao novo grupo de comunicación galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2012 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Executiva Confederal da CIG remitiu este mércores un correo electrónico aos seus afiliados nos que lles recomenda que apoien económicamente ao grupo de Comunicación Sermos Galiza, precisamente, un día despois de que o conselleiro delegado dese grupo, Néstor Rego, dimitira tras ser elixido coma secretario xeral da UPG.

None

 

Nesta mensaxe, a dirección da CIG, lembra que o sindicato xa "apoiou" o proxecto de comunicación ante o "abafamento" dos medios en galego e porque Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un "produto informativo novo e distinto", que "defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais".

 

A pesar de que a CIG xa "lle deu o seu respaldo" financiero ao proxecto, a súa executiva insta aos seus afiliados a que tamén o apoien "económicamente e non só moralmente" e inclúen un enlace onde poder subscribirse. 

 

A CIG é a primeira gran entidade social que lle pide aos seus afiliados --70.000 segundo o propio sindicato-- que apoien a un medio de comunicación. E é que, actualmente, Sermos Galiza conta con 800 accionistas, entre os que se atopan, ademais da CIG, militantes da UPG ou do Movimiento ao Socialismo e de determinadas entidades culturais e ecolóxicas como Adega ou A Mesa.

 

Militantes da CIG que informaron a GC sobre este mail amosaron a súa sorpresa por esta mensaxe. Así, aseguran que non se opoñen a que a Executiva Confederal recomende o apoio aos medios en galego, pero critican que se pida este apoio só para un e non para os varios que existen en galego, incluído o mensual en papel Tempos Novos.

 

Novos medios en galego

 

É certo que varios xornais en galego morreron nos últimos anos (A Nosa Terra, GZ Nación, A Peneira, Galicia Hoxe...), pero xurdiron outros nos últimos meses, ademais de Sermos Galiza, que volveron a ocupar un oco necesario no panorama informativo galego; Praza Pública, Dioivo ou Disquecool. Estes medios, xunto con outros que xa levan anos consolidados, como Tempos Novos, o propio Galicia Confidencial ou emisoras radiofonicas coma Radiofusión, entre outros, loitan por manter a dignidade do galego coma medio de comunicación.

 

Precisamente, case 30 espazos de comunicación en galego, entre os que están De luns a venres, Novas da Galiza, GG, Radiofusión, Tempos Novos, Praza Pública, Disquecool e outros de ámbito comarcal coma quepasanacosta, Certo ou Crónica3, entre outros, lanzaron a iniciativa 'Vitaminas para o galego', precisamente, para que a sociedade galega se conciencie da necesidade de apoiar os medios en galego. Varias das actividades que organizou esta agrupación de medios resultaron un éxito, especialmente, a realizada o pasado 17 de maio. Vitaminas para o Galego só conta coa colaboración dos medios que a integran e de diversas entidades de defensa da lingua pero, ata o momento, ningunha organización sindical ou política pediu o apoio expreso para esta iniciativa.

 

*********************************

 

From: Confederación Intersindical Galega

Sent: miércoles, 20 de junio de 2012 14:22

To: undisclosed-recipients:

Subject: Xornal Sermos Galiza

 

Sermos Galiza, en papel, desde o día 8 de xuño

 A Confederación Intersindical Galega acordou apoiar o proxecto de comunicación Sermos Galiza, ante o abafamento dos medios en galego que se publicaban en papel e a necesidade de contarmos cun medio de comunicación libre, crítico e galego, con Galiza no seu foco de atención e que se exprese na nosa lingua.

Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un produto informativo novo e distinto, que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais. Un proxecto, en definitiva,  colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro.

A Executiva Confederal da CIG xa lle deu o seu respaldo, pero a súa viabilidade depende, en última instancia, do apoio –non só moral, senón tamén económico- de todas as persoas que defendan o dereito dos galegos e galegas a ser e existir como pobo e como nación e a estaren informadas/os para poder debater ideas en liberdade.

O xornal dixital botou a andar o pasado 16 de abril e desde o 8 de xuño está na rúa a edición en papel. A CIG anímache a facer a subscrición, que podes cubrir neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

24 pepe2011

Galicia, ese país feliz! ¡Vaia polémicas nas que nos metemos! ¡Panda de ociosos!

23 Guillermo Rodríguez

Despois de asistir a esta sesión de disparos dirixidos á CIG por pedir apoio para Sermoa Galiza véxome na obriga de informar que, no sei día, a CIG mercou accións de A Peneira-Condado S.A., editora de A Peneira. Non animou aos afiliados a sucribirse. Ainda que tiveran, ao meu modo de ver as cousas, un comportamento equivocado na defensa dos dereitos dos traballadores que foron despedidos porque a empresa, como a CIG sabía perfectamente, estaba quebrada e o seu máixmo accionista, ou sexa eu mesmo, tiña ás costas unha débeda de máis de 100 mil euros. Cecais fora que algunha advogada do sindicato quixo facer méritos; pero o cortés non quita o ser valente, como di o refrán. Qude constancia do meu agradecemento polo seu apoio.Ah! A Peneira non estaba controlada por ninguén, e menos pola CIG.

1 D. Quixote da Terra-chá

Por fin alguén que da datos e faino a cara descuberta.É certo que o apoio a un medio galego non ten porque ser algo malo; o malo é a discriminación entre os distintos medios galegos que existen.

22 Dorna

Ben feito CIG!!

21 Non disparen

Eu non entendo tanto lio por esta cuestión. A Executiva da CIG pode acordar o que cre convinte en cada momento, parécememoi ben... Outra cousa é que todos estos/as opinadores/as supoñan que os arredor de 70.000 afiliados/as da CIG vaian a facer cola nos kioscos para mercar o xornal, ou colapsen o correo pedindo suscripcións... A maioría dos afiliados/as, nin abren o correo enviado pola Executiva, dos que o abren, outra maioría nin o len e o mandan á papelera, algún/ha, o le e queda como si non o lera... Podo asegurar que serán moi poucas persoas as que se suscriban...Na CIG ahi de todo...se houbese 70.000 nacionalistas teledirixidos pola CIG...coas suas respectivas familias e amizades...o PP non teria maioría absoluta na Galiza. Cousa que lamento profundamente... Asi que tranquilidade...e deixar de disparar

1 galego non sectario

De risa este post. Non disparen á CIG. É certo que apoian a un medio de comunicación afín á UPG e non a outros non afíns , pero tranquilidade, total os afiliados van facer o que lles pete....Jaja, de risa. Por suposto que será así, a maioría dos afiliados á CIG len la coz de Galicia.

20 Antonio de Baiona

A CIG está no seu dereito de pedir,apoiar, subvencionar...a quen queira, só faltaría. Agora ben, eu como afiliado da CIG (ensino, para máis señas), mañá mesmo doume de baixa do sindicato e dende logo non penso comprar sermos galiza....E pronto, así de simple, pois xa non aturo máis o sectarismo e coas miñas cotas non o vou apoiar.

1 Menfado y no respiro

E a min que me importa que te deas de baixa? Comunicaches antes cando te diches de alta?

2 pinchorla

Pois Antonio, si un alumno teu argumentara como tí de seguro que suspendía, ou ben diriaslle que lera ben e logo opinara e argumentara.Hai demasiada bilis, será polo fin do curso.

3 Alumno de Antonio

Outra vaca no millo, estes "docentes" sempre que falan cágana!!! Ti a dar leccións tomando o café na sala de profesores, iso sí se é barato e se o paga algún parvo!!

4 patachula

Iso, iso, date de baixa, que renegados coma ti non fan falta na CIG!