A CIG pide abertamente o apoio para Sermos Galiza

Nunha misiva interna remitida aos seus afiliados anímaos a subscribirse ao novo grupo de comunicación galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2012 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Executiva Confederal da CIG remitiu este mércores un correo electrónico aos seus afiliados nos que lles recomenda que apoien económicamente ao grupo de Comunicación Sermos Galiza, precisamente, un día despois de que o conselleiro delegado dese grupo, Néstor Rego, dimitira tras ser elixido coma secretario xeral da UPG.

None

 

Nesta mensaxe, a dirección da CIG, lembra que o sindicato xa "apoiou" o proxecto de comunicación ante o "abafamento" dos medios en galego e porque Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un "produto informativo novo e distinto", que "defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais".

 

A pesar de que a CIG xa "lle deu o seu respaldo" financiero ao proxecto, a súa executiva insta aos seus afiliados a que tamén o apoien "económicamente e non só moralmente" e inclúen un enlace onde poder subscribirse. 

 

A CIG é a primeira gran entidade social que lle pide aos seus afiliados --70.000 segundo o propio sindicato-- que apoien a un medio de comunicación. E é que, actualmente, Sermos Galiza conta con 800 accionistas, entre os que se atopan, ademais da CIG, militantes da UPG ou do Movimiento ao Socialismo e de determinadas entidades culturais e ecolóxicas como Adega ou A Mesa.

 

Militantes da CIG que informaron a GC sobre este mail amosaron a súa sorpresa por esta mensaxe. Así, aseguran que non se opoñen a que a Executiva Confederal recomende o apoio aos medios en galego, pero critican que se pida este apoio só para un e non para os varios que existen en galego, incluído o mensual en papel Tempos Novos.

 

Novos medios en galego

 

É certo que varios xornais en galego morreron nos últimos anos (A Nosa Terra, GZ Nación, A Peneira, Galicia Hoxe...), pero xurdiron outros nos últimos meses, ademais de Sermos Galiza, que volveron a ocupar un oco necesario no panorama informativo galego; Praza Pública, Dioivo ou Disquecool. Estes medios, xunto con outros que xa levan anos consolidados, como Tempos Novos, o propio Galicia Confidencial ou emisoras radiofonicas coma Radiofusión, entre outros, loitan por manter a dignidade do galego coma medio de comunicación.

 

Precisamente, case 30 espazos de comunicación en galego, entre os que están De luns a venres, Novas da Galiza, GG, Radiofusión, Tempos Novos, Praza Pública, Disquecool e outros de ámbito comarcal coma quepasanacosta, Certo ou Crónica3, entre outros, lanzaron a iniciativa 'Vitaminas para o galego', precisamente, para que a sociedade galega se conciencie da necesidade de apoiar os medios en galego. Varias das actividades que organizou esta agrupación de medios resultaron un éxito, especialmente, a realizada o pasado 17 de maio. Vitaminas para o Galego só conta coa colaboración dos medios que a integran e de diversas entidades de defensa da lingua pero, ata o momento, ningunha organización sindical ou política pediu o apoio expreso para esta iniciativa.

 

*********************************

 

From: Confederación Intersindical Galega

Sent: miércoles, 20 de junio de 2012 14:22

To: undisclosed-recipients:

Subject: Xornal Sermos Galiza

 

Sermos Galiza, en papel, desde o día 8 de xuño

 A Confederación Intersindical Galega acordou apoiar o proxecto de comunicación Sermos Galiza, ante o abafamento dos medios en galego que se publicaban en papel e a necesidade de contarmos cun medio de comunicación libre, crítico e galego, con Galiza no seu foco de atención e que se exprese na nosa lingua.

Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un produto informativo novo e distinto, que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais. Un proxecto, en definitiva,  colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro.

A Executiva Confederal da CIG xa lle deu o seu respaldo, pero a súa viabilidade depende, en última instancia, do apoio –non só moral, senón tamén económico- de todas as persoas que defendan o dereito dos galegos e galegas a ser e existir como pobo e como nación e a estaren informadas/os para poder debater ideas en liberdade.

O xornal dixital botou a andar o pasado 16 de abril e desde o 8 de xuño está na rúa a edición en papel. A CIG anímache a facer a subscrición, que podes cubrir neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

19 zrkz

Nunca apoiarei ese xornal, o outro dia sacaron unha nova sobre os mineiros de Asturias... en portugués, ese é o seu unico obxetivo, escribir portugués e facelo pasar por "medio de comunicacion galego"

1 Hermerico

Muy bien dicho, el gallego, como dialecto regional español, tiene que escribirse con la ortografia común de todos los españoles.

2 XanKaraLlás

Hermerico, vai cagar.

3 Hermerico

Sim, cago no isolacionismo, na RAG, no ILG, no Ñ...

4 O Príncipe dos Mouros

Aquí está o respecto e a tolerancia do reintegracionismo.

5 Hermerico

E que eu che sou muito guiadinho, às vezes

18 faia

Cómo vai pedir a CIG o mesmo apoio que pide a Sermos a outros medios? que outros medios? A CIG pide que se suscriban ao semanario en papel, hai outro medio periódico ESCRITO, non dixital, en galego ao que se pode suscribir un nacionalista? A CIG non pide o apoio ao dixital, se non suscripcións ao semanario ESCRITO. A ver si nos enteramos da diferencia.

1 Ben faido estás ti

E porque non pide que se suscriban ao mensual Tempos novos ESCRITO tamén e desde hai moitos anos?. A ver se te enteras de que nesta mensaxe da executiva da CIG ten moi claro a quen hai que apoiar, sexa escrito ou dixital.

2 Hermerico

http://www.novasgz.com/ abster-se sóci@s da asociación gallega de amigos de la eñe.

3 8x8x

Tempos Novos, como se explica na noticia. Por que non piden que se apoie a Tempos Novos? É do PP? Non. Está en galego? Si. É de esquerdas? Si. É da U? Non.

4 Respondendo a 8x8

Tempos Novos é nacionalista? NON, a CIG é nacionalista? SI, polo tanto non pide o apoio a Tempos Novos, que o pida a UXT.

5 Antón

Cando alguén opina sen ter a información precisa -neste caso, a existencia desde hai 15 anos do mensual en papel Tempos Novos- e fan por iso do seu argumentario un produto sesgado, queda ao descuberto. O mesmo que cando se di que, porque non se declara nacionalista, a revista que sufriu penalizacións por non someterse aos gobernos de Fraga e ao do bipartito- que a publicite a UXT.As publicacións deben ser analizadas non só desde a composición accionarial, tamén desde os seus contidos e a pluralidade dos colaboradores. A un ignorante da existencia da publicación en galego de máis larga traxectoria no país só cabe dicirlle que se informe do seu accionariado -os 150 que aparecen no número 0 (en 1997)- e siga mes a mes os seus contidos. Seguro que lle viría moi ben. Non só para non esbarrar. Sobre todo para aprender. Porque é ben difícil descubrir hoxendía una revista máis comprometida coa verdade das cousas e co País cmo Tempos Novos.

17 pinchorla

Non vexo eu problema, máis si é un dos promotores dese Xornal non vai pedir que se subscrivan a outro.Cadaquén tense que defender como poda. E seguro que non están en contra de outros Xornais Galegos, senón todo o contrario.É cuestión de ocupar espazo mediático, si eso é o problema, entón os que critican téñeno facil, non leer o Sermos Galiza.Para min millor que haxa máis xornais en galego,así teño máis pontos de vista. Creo que vos pasades, criticade a outros xornais que o teñen máis merecido.

16 Shin Chan

A UPG decidiu criar Sermos Galiza. A UPG controla á CIG. A UPG quere apoiar económicamente a Sermos Galiza a través da CIG. É unha cuestión endogámica. Onde está o problema? Ah, si, perdón! Hai parvos que están afiliados á CIG e que pensan que o seu sindicato é dos afiliados, e non da UPG... miñas xoias! Unha secta é unha secta per omnia saecula seculorum.

1 Explica ho

Fállache explicar como é ese "control". Telepático, por amenazas, implantaron algo nos afiliados que fan que voten o que ti non queres...

15 afiliado da CIG

A CIG é un sindicato,nacionalista galego, que defende ós traballadores galegos. Hai medios dixitais que tamén son nacionalistas galegos e teñen unha longa traxectoria de defensa dos traballadores galegos. A CIG apoia a un deses medios, ben feito. Agora só falta que apoie a todos os demáis medios onde nos informamos os afiliados da CIG. Isto se a CIG quere representar a todos os traballadores galegos obviamente, e non só a unha parte. Máxime en Xuño do 2012 onde o nacionalismo ven de sufrir unha excisión e moitos medios queren ser os portavoces das diferentes sensibilidades dentro do nacionalismo, optar agora por un medio e non por outros pode ser unha boa base para a excisión futura do sindicalismo nacionalista galego. Sectarismo na CIG non por favor.