A CIG pide abertamente o apoio para Sermos Galiza

Nunha misiva interna remitida aos seus afiliados anímaos a subscribirse ao novo grupo de comunicación galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2012 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Executiva Confederal da CIG remitiu este mércores un correo electrónico aos seus afiliados nos que lles recomenda que apoien económicamente ao grupo de Comunicación Sermos Galiza, precisamente, un día despois de que o conselleiro delegado dese grupo, Néstor Rego, dimitira tras ser elixido coma secretario xeral da UPG.

None

 

Nesta mensaxe, a dirección da CIG, lembra que o sindicato xa "apoiou" o proxecto de comunicación ante o "abafamento" dos medios en galego e porque Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un "produto informativo novo e distinto", que "defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais".

 

A pesar de que a CIG xa "lle deu o seu respaldo" financiero ao proxecto, a súa executiva insta aos seus afiliados a que tamén o apoien "económicamente e non só moralmente" e inclúen un enlace onde poder subscribirse. 

 

A CIG é a primeira gran entidade social que lle pide aos seus afiliados --70.000 segundo o propio sindicato-- que apoien a un medio de comunicación. E é que, actualmente, Sermos Galiza conta con 800 accionistas, entre os que se atopan, ademais da CIG, militantes da UPG ou do Movimiento ao Socialismo e de determinadas entidades culturais e ecolóxicas como Adega ou A Mesa.

 

Militantes da CIG que informaron a GC sobre este mail amosaron a súa sorpresa por esta mensaxe. Así, aseguran que non se opoñen a que a Executiva Confederal recomende o apoio aos medios en galego, pero critican que se pida este apoio só para un e non para os varios que existen en galego, incluído o mensual en papel Tempos Novos.

 

Novos medios en galego

 

É certo que varios xornais en galego morreron nos últimos anos (A Nosa Terra, GZ Nación, A Peneira, Galicia Hoxe...), pero xurdiron outros nos últimos meses, ademais de Sermos Galiza, que volveron a ocupar un oco necesario no panorama informativo galego; Praza Pública, Dioivo ou Disquecool. Estes medios, xunto con outros que xa levan anos consolidados, como Tempos Novos, o propio Galicia Confidencial ou emisoras radiofonicas coma Radiofusión, entre outros, loitan por manter a dignidade do galego coma medio de comunicación.

 

Precisamente, case 30 espazos de comunicación en galego, entre os que están De luns a venres, Novas da Galiza, GG, Radiofusión, Tempos Novos, Praza Pública, Disquecool e outros de ámbito comarcal coma quepasanacosta, Certo ou Crónica3, entre outros, lanzaron a iniciativa 'Vitaminas para o galego', precisamente, para que a sociedade galega se conciencie da necesidade de apoiar os medios en galego. Varias das actividades que organizou esta agrupación de medios resultaron un éxito, especialmente, a realizada o pasado 17 de maio. Vitaminas para o Galego só conta coa colaboración dos medios que a integran e de diversas entidades de defensa da lingua pero, ata o momento, ningunha organización sindical ou política pediu o apoio expreso para esta iniciativa.

 

*********************************

 

From: Confederación Intersindical Galega

Sent: miércoles, 20 de junio de 2012 14:22

To: undisclosed-recipients:

Subject: Xornal Sermos Galiza

 

Sermos Galiza, en papel, desde o día 8 de xuño

 A Confederación Intersindical Galega acordou apoiar o proxecto de comunicación Sermos Galiza, ante o abafamento dos medios en galego que se publicaban en papel e a necesidade de contarmos cun medio de comunicación libre, crítico e galego, con Galiza no seu foco de atención e que se exprese na nosa lingua.

Sermos Galiza pretende ofrecer á cidadanía un produto informativo novo e distinto, que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e dos movementos sociais. Un proxecto, en definitiva,  colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro.

A Executiva Confederal da CIG xa lle deu o seu respaldo, pero a súa viabilidade depende, en última instancia, do apoio –non só moral, senón tamén económico- de todas as persoas que defendan o dereito dos galegos e galegas a ser e existir como pobo e como nación e a estaren informadas/os para poder debater ideas en liberdade.

O xornal dixital botou a andar o pasado 16 de abril e desde o 8 de xuño está na rúa a edición en papel. A CIG anímache a facer a subscrición, que podes cubrir neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

14 predicador

Ya lo dijo Jesucristo en su día, hace menos Paco Vazquez, y desde hace un tiempo también lo dice la UPG: "Quien no está conmigo está contra mí".

13 pepe2011

O CULPABLE É O HIMNO Xatá. Decidido. Mentres os galegos teñan o himno que teñen, sumun do aborrecemento, desprezativo de medio país, non teñen nada que facer. Propoñemos, nesta reunión etílica na que estou, cambialo e cantar a partir dagora a canción do LICOR CAFÉ de Lamatumbá. É ese é o problema do SERMOS CALIZA ou SERMÓN PALIZA ou SERMOS GALIZA, que se parece un mundo ao himno: lento, monótono, previsible, irreal, insultón... ¡Bah!

1 pepe2011

A UPG é un partido extranxeiro, soviético, por iso aínda non entendeu o que é Galicia e os galegos. Non vou ser eu quen lle dea leccións, ¡quita daí, ho! Pero as mitoloxías e os galegos son incompatibles. A xente de Galicia ten un aquel de libertario que non cadra cos soviets. ¿Que mitos ten Galicia? Ningún. ¡Pois lo! Pero estes pequenos soviéticos seguen erre que erre. Ninguén sabe o ino galego, e sio defínenos saudablemente.

2 Que mala é a UPG

Non oh ti non das lección ningunha. UUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU

12 polasombra

Ben, a CIG pídelle aos seus afiliados que se subscriban a un xornal. E que? Que pasa? É ilegal? En fin, isto é alucinante.

1 galego non sectario

A xente "polasombra" non se queixa diso, ó parecer quéixase de que a CIG non tomase a mesma decisión con outros medios dixitais ou publicados anteriormente. De feito parécelle alucinante que a CIG diga que SG sí, e non diga que os outros tamén sí. Que che parece a tí esa postura?. Pídoche humildemente perdón por discrepar contigo.

2 galego tampouco sectario

Será porque a CIG é en parte impulsora dese xornal, que delito. Xa cansades co voso sectarismo anti CIG anti BNG anti UPG anti calquera cousa que non insulte aos que considerades os vosos inimigos.

3 galego tampouco sectario

E que "xente" se queixa? Houbo algun referendum?

11 Francisco XGV

¿E cal é o problema? Como se o piden un partido ou unha asociación.

1 galego non sectario

A xente "Francisco XGV" non se queixa diso, ó parecer quéixase de que a CIG non tomase a mesma decisión con outros medios dixitais ou publicados anteriormente. De feito parécelle alucinante que a CIG diga que SG sí, e non diga que os outros tamén sí. Que che parece a tí esa postura?. Pídoche humildemente perdón por discrepar contigo.

2 Francisco XGV

Non tes que pedir perdón por discrepar, faltaría máis. A CIG é un sindicato, non é unha institución pública oficial. Se eles entenden que Sermos está máis na súa liña ca outros, está no seu dereito de aconsellar esa publicación. Da mesma maneira pode facer o contrario. Saúdos

10 eumateix

Este artigo deveria acompanhar a definiçom de cainismo no dicionário. Suponho que pretendedes que deixemos de ler SG, mas o único que estades a conseguir é que deixemos de ler GC. E nom, nom som da UPG nem a podo ver diante, mas ainda nom vim no Sermos um ataque a nengum dos outros meios em galego.

1 Lector crítico

Nin aquí hai ningún ataque. O único ataque foi o da CIG Verín ao NPC, algo que non sei se se poderá ver aínda no seu twitter, e que foi e é abominable. Non se pretende que se deixe de ler Sermos Galiza, senón reseñar que hai tamén máis medios en galego, e de paso a hipocrisía deste sindicato, que non pide o mesmo para o resto de medios en galego, porque, ou ben non son da súa corda, ou ben son independentes, como Galicia Confidencial e Praza, e non admiten "tutelaxes" interesadas da órbita do BNG.

2 pepe2011

Eumateix, ¿por que non se pode facer noticia de algo que o é? ¿É iso un ataque?