Ángel Gabilondo (PSOE) advirte de que o voto a Ciudadanos ou PP estará "condicionado" pola ultradereita

O exministro e portavoz socialista na Asemblea de Madrid visita Galicia de campaña electoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O exministro de Educación no Goberno de Zapatero e actual portavoz do PSOE na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo, sostén que "un país de progreso" non se conseguirá votando a calquera dos "partidos de dereitas", xa que en todo caso "estarán condicionados por Vox", afastados da "defensa dos dereitos e as liberdades" que ofrece o PSOE.

O portavoz do PSOE na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo, xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Santiago
O portavoz do PSOE na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo, xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Santiago | Fonte: Europa Press

O político asegurou este sábado nun encontro en Santiago, co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo, que a súa "experiencia" lle di que "se o Partido Popular, Ciudadanps e Vox poden sumar, sumarán", como xa ocorreu en comunidades como Madrid, Murcia ou Andalucía.

Cre que "envolvelo todo na bandeira de España" non é o que os socialistas entenden por "defensa dos dereitos e liberdades", porque detrás dos símbolos —que o PSOE "quere", aclarou— debe haber un "modelo económico, de progreso, xustiza social e futuro" para o país e para Galicia.

Está convencido de que o traballo "por un país solidario, unido polas ideas, a loita polos dereitos e as conviccións" é "o que necesita" España, e non "un calendario e acción" marcada polo partido de Santiago Abascal.

Ademais, tamén fixo referencia ás "peculiaridades" da autonomía galega e trasladou unha mensaxe á cidadanía do territorio para facerlles saber que "non están sós" e que aglutinar o voto no PSOE traerá "progreso tanto para España como para Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

se os dereitos e liberdades inclúen a mentira e bloqueo institucional está ben falado... https://twitter.com/NoticiasdeVigo/... Os que levamos 12 anos aturando ao tío Abel e xa sabemos como as gasta !!!