Adif esperará o fallo da Audiencia antes valorar se segue no cargo a directora de Seguridade

A actual directora de Seguridade, Esther Mateo entregou unha peritaxe asegurando que se cumpriron as normas europeas e nacionais en Angrois.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/11/2019 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, apelou a esperar a que resolva a Audiencia da Coruña sobre o peche da instrución do accidente ferroviario de Angrois, ao ser preguntada se, no caso de que se manteña a imputación ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, se mantería no cargo á actual directora de Seguridade, Esther Mateo.

Coincidindo coa súa participación nunha xornada sobre o AVE, e preguntada se en caso de que a Audiencia manteña esta imputación seguiría no cargo Esther Mateo --que entregou unha peritaxe asegurando que se cumpriron as normas europeas e nacionais en Angrois--, a presidenta de Adif pediu "prudencia".

"Nisto toda a colaboración coa xustiza, toda a sensibilidade", asegurou a preguntas dos xornalistas. De Angrois, incidiu en que foi "unha traxedia" que para Adif e o sistema ferroviaria marcou "un antes e un despois".

Mentres, sobre calquera decisión de manter no cargo á directora de Seguridade, instou a esperar "a que resolva a Audiencia". "Imos ver que decide", insistiu a presidenta de Adif, quen asegurou que, en base a iso, farán "o que teñamos que facer conforme aos nosos procedementos e códigos", apostilou.

Accidente do Alvia en Angrois. EUROPA PRESS - Arquivo
Accidente do Alvia en Angrois. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta