O alumnado da Facultade das Ciencias da Comunicación da USC tamén sae en defensa dos medios públicos

Os estudantes súmanse aos #VenresNegros en solidariedade ao movemento dos traballadores de #DefendeAGalega. Demandan uns medios públicos libres e independentes dos intereses de particulares.

Por Raúl Novoa | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Medio cento de estudantes da Facultade das Ciecias de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, reuníronse este venres para amosar a súa solidariedade co movemento #DefendeAGalega. "A Facultade de Comunicación non pode ser cómplice do desmantelamento dos nosos medios públicos" sinalan desde o comunicado da Asamblea Aberta de Comunicación, que organizou a mobilización de hoxe.

O alumnado de comunicación en defensa dos medios públicos fóra da facultade.
O alumnado de comunicación en defensa dos medios públicos fóra da facultade.

Neste venres número 77 os participantes volvéronse a vestir de negro -como cada semana e de maneira consecutiva- para "defender o presente e o futuro da comunicación". Desde a mobilización de traballadores da Galega, demándase "a fin da manipulación e da precarización" que aseguran que sofren os medios de comunicación públicos. Piden tamén unha TVG e Radio galega "libres e independentes".

Estudantes de comunicación en defensa dos medios públicos.
Estudantes de comunicación en defensa dos medios públicos.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta