Este luns abre a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar abrirá este luns, 11 de novembro, a campaña extractiva da centola e do boi de mar nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo informou a Xunta nun comunicado, nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo, na provincia de Pontevedra, e de Cabo Corrubedo ata Estaca de Bares, na da Coruña, a frota con porto base nesas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00,00 horas da madrugada e levar as especies á lonxa este luns.

A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2020 que se fixará a través do Plan de Xestión correspondente, concretou a Consellería do Mar. No caso da parte que vai de Cabo Estaca de Bares ata o Río Eo, incluída a Ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 2 de decembro, avisou a Xunta.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies sitúase en 35 quilos por barco e día, á que se sumarán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base na Comunidade galega, así como aquelas que con porto base noutras autonomías, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Centolla. EUROPA PRESS - Arquivo
Centolla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta