O PSdeG perde nas Pontes máis do 30% de votos desde abril, aínda que segue sendo o máis votado

A localidade está marcada por un dos principais conflitos industriais que rexistrou Galicia nos últimos meses: o posible peche da central térmica de Endesa.

Por Europa Press / Redacción | As Pontes | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O PSdeG sufriu un importante retroceso electoral nas Pontes (A Coruña), localidade marcada por un dos principais conflitos industriais que rexistrou Galicia nos últimos meses: o posible peche da central térmica de Endesa.

Á fronte do goberno local está o socialista Valentín González Formoso, quen tamén preside a Deputación da Coruña. Segundo reflicten os resultados do escrutinio deste domingo, o PSOE sigue como primeira forza, pero sofre unha caída significativa de case o 33% de votos en relación ás eleccións xerais de abril.

En concreto, nas Pontes o PSdeG baixa de 2.536 a 1.705 votos --perde 831-- e ve reducido a súa porcentaxe de apoio en case once puntos. No polo oposto, o PP recorta distancia cos socialistas e sobe máis de oito puntos, ao pasar de 1.027 a 1.398 votos. Mantén o posto como terceiro partido o BNG, aínda que tamén mellora resultados; mentres que Unidas Podemos, como cuarta forza na localidade, ve descender o número de sufraxios no seu favor.

A situación das Pontes foi un dos alicerces da campaña do PPdeG, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, quen responsabiliza ao Executivo central de Pedro Sánchez do posible peche da central e esixiulle medidas que garantan a continuidade da planta.

Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo
Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta