Feijóo valora que Rivera "soubo marchar" tras cometer "erros importantes"

O presidente da Xunta considerou que Albert Rivera foi "un personaxe importante na política española" e que iniciou a súa traxectoria "brillantemente" na política de Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo valorou este luns que Albert Rivera "soubo irse nun momento en que cometeu erros, erros que non foron pequenos, senón importantes".

Así o trasladou, a preguntas dos medios en Ourense, e apuntou que a dimisión do ata agora presidente de Ciudadanos foi "coherente". "Como consecuencia dun conxunto de erros concatenados sacou un resultado electoral co que, probablemente, a única solución era a que adoptou: dimitir e dedicarse a outra cousa que non sexa a política", sinalou.

Feijóo recoñeceu, no entanto, que Albert Rivera foi "un personaxe importante na política española" e que iniciou a súa traxectoria "brillantemente" na política de Cataluña.

"A pesar de cuestións que non compartín con el, e de decisións que aínda non entendo hoxe, foi un político importante durante unha época", concedeu o líder dos 'populares' galegos, que recoñeceu que a figura de Rivera foi "interesante para revitalizar" a política española.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta