Lastra contactará co BNG para buscar o seu apoio a un goberno progresista

A 'número dous' do PSOE iniciará a partir deste mércores a toma de contacto co resto de formacións políticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O 'número dous' do PSOE e portavoz no Congreso, Adriana Lastra, iniciará a partir deste mércores a toma de contacto co resto de formacións políticas para solicitar apoios ao Goberno progresista de coalición con Podemos. Entre elas, destaca o BNG, cun escaño crucial para a formación dun goberno progresista. A deputada asturiana foi precisamente quen elaborou xunto á portavoz parlamentaria de Unidas Podemos, Irene Montero, o texto do preacordo asinado polos líderes dos dous partidos.

Lastra tamén formou parte do equipo negociador que, na lexislatura pasada, tentou sacar adiante a investidura do líder do PSOE, Pedro Sánchez, aínda que entón estivo asistida pola vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo; e os ministros de Facenda, María Jesús Montero, e Fomento, José Luís Ábalos.

A portavoz socialista mantén unha boa relación persoal co deputado de ERC, Gabriel Rufián. A abstención dos independentistas resulta imprescindible para sacar adiante a investidura de Sánchez en segunda volta se Cidadáns non accede a votar a favor, un escenario que os laranxas rexeitaron.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e outros membros do PSdeG-PSOE nun mitin en Vigo.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e outros membros do PSdeG-PSOE nun mitin en Vigo.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS

CONSULTA MILITANCIA

Por outra banda, o PSOE consultará á súa militancia o acordo alcanzado con Unidas Podemos para conformar un Goberno progresista de coalición, anunciou este mércores o partido. Do 19 ao 22 de novembro o partido poderá despregar unha campaña informativa sobre a mesma, mentres que do 14 ás 20 horas do 21 de novembro os militantes que desexen participar poderán inscribirse a través de Internet.

Para votar en liña habilitaranse os días 22 e 23 de novembro, mentres que o voto presencial poderá facerse só o día 23. A partir dese mesmo día proclamaranse os resultados provisionais, detallou o PSOE nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fosbury

O fará millor que Quintana con Salgado porque o listón está no chan.