A Veiga rexistra a temperatura mínima de Galicia, con -5,1ºC

Mantense o aviso por neve na montaña de Lugo e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O municipio da Veiga rexistrou na madrugada deste venres a temperatura mínima de Galicia, -5,1 graos centígrados, nunha xornada na que se mantén o aviso por neve na montaña ourensá e de Lugo.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, os valores máis significativos, ademais, corresponderon a zonas da montaña ourensá como Manzaneda, con -4,8ºC, e Carballeda de Valdeorras, con -4,4ºC, e da de Lugo con -2,8ºC en Cervantes e -2,7ºC en Pedrafita do Cebreiro.

Mentres, en zonas con altitude menor de 900 metros, os termómetros caeron ata os -0,9ºC en Folgoso do Courel, -0,2ºC en Pol e -0,1ºC na Fonsagrada, na provincia de Lugo; mentres que os termómetros marcaron 0ºC en Ponteareas e Samos na madrugada deste venres.

VENTO

En canto ao vento, superou os 80 quilómetros por hora en zonas con altitude menor de 900 metros como Viveiro, con 85,1 quilómetros por hora ás 3,50 horas deste venres e Burela, na mesma provincia, con 83,6 km/h.

Mentres, na madrugada deste venres o vento en Vimianzo alcanzou o 82 km/h e no municipio coruñés de Lousame, os 81,5 quilómetros por hora.

Neve na provincia de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO
Neve na provincia de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta