O mercado de vehículos de ocasión cae un 7,1% en outubro en Galicia, mentres que en España sobe

Un informe de Ancove advirte que este sector pechará 2019 cunha caída de dúas décimas no Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O mercado de vehículos de ocasión rexistrou en Galicia un total de 13.049 operacións durante o pasado outubro, o que supón un 7,1% menos que o mesmo mes do ano anterior. Esta situación contraponse á de toda España, na que este sector subiu un 3%.

De acordo con datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove), na Comunidade galega vendéronse 11.474 turismos de segunda man, un 6,5% menos que en outubro de 2018, mentres que foi máis perentoria a caída do 11,7% nas furgonetas, con 1.575 transaccións. En contraposición, tanto o mercado de coches como o de comerciais no Estado rexistraron aumentos do 1,8% e do 10,9%, respectivamente.

Por provincias, a maior baixada en vehículos de ocasión sufriuna Ourense, cun 9,3% menos, seguida de Pontevedra (-8,5%), A Coruña (-6,8%) e Lugo (-2,3%), a menos damnificada. En total, entre turismos e furgonetas, o mercado de segunda man acumula 116.342 unidades transferidas no que vai de ano, o que supón que cae un 2,3% con respecto ao mesmo período de 2018.

DATOS ESTATAIS

En canto aos datos estatais, Ancove prevé que o mercado español de vehículos de ocasión peche 2019 cunha "lixeira" caída de dúas décimas, o que arroxaría unhas vendas duns 2,44 millóns de unidades.

Imaxe de arquivo dunha feira para a venda de vehículos de ocasión
Imaxe de arquivo dunha feira para a venda de vehículos de ocasión | Fonte: ANCOVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta