Profesores advirten de clases "practicamente incontrolables" e nas que é "imposible impartir docencia"

A conflitividade na aula vai "cada vez a idades máis temperás" e ANPE insta o profesorado a "denunciar". Denuncian o aumento do uso das novas tecnoloxías nas aulas contra eles e outros alumnos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Os conflitos nas aulas galegas cada vez rexístranse en etapas e idades "máis temperás", e o sindicato ANPE constatou unha tendencia á alza de expedientes disciplinarios en etapas como primaria e o primeiro ciclo de secundaria. É por iso que a entidade insta os docentes a denunciar estes casos e a non permitir abusos tanto por parte do alumnado como dos pais que acoden a ameazar e a cuestionar a autoridade do profesor.

O sindicato presentou este mércores os datos do Defensor do Profesor, o servizo de atención ao docente que manteñen desde o ano 2006 e que rexistra queixas e denuncias anónimas de docentes sobre problemáticas e casos de acoso ou faltas de respecto que se producen nos seus centros.

Neste acto e a falta de coñecerse os últimos datos de expedientes disciplinarios en Galicia, Xullo Díaz trasladou a súa preocupación polas cifras dadas a coñecer polo informe de apertura do Ano Xudicial, que reflicte que se "duplicaron" os menores xulgados (616) e as sentenzas condenatorias (736) en 2018 respecto ao período 2014-2015.

Así mesmo, os casos nos que se ditou fallo sen conformidade "aumentaron vertixinosamente", o que evidencia que os menores son cada vez menos conscientes das consecuencias das súas accións ou que actúan con maior impunidade. "A aula é un reflexo do que se dá na sociedade", considerou Díaz, quen á súa vez advertiu do repunte do 18 por cento de delitos con menores relacionados con violencia no ámbito familiar e o aumento doutros de índole sexual.

Esta realidade tradúcese na aula sobre todo nas etapas de secundaria e de FP Básica, esta última con clases "practicamente incontrolables" e nas que é "imposible impartir docencia". A preocupación do sindicato radica na cada vez maior conflitividade na etapa de primaria, e que o profesorado sente "desprotexido" e non sabe actuar "ante este tipo de situacións".

Díaz instou, así, a que os docentes "teñen que denunciar" posto que "non se pode permitir" este tipo de condutas na aula.

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Defensor do Profesor atendeu a 136 profesionais durante o pasado curso. A maioría dos casos denunciados foron faltas de respecto e problemas para dar clase, aínda que ANPE detectou un repunte en alertas relacionadas polo uso indebido das novas tecnoloxías de alumnos fronte a outros compañeiros ou contra docentes, ademais de casos de pais que cuestionan o seu traballo e autoridade na aula.

"No 95 por cento dos casos o profesorado está a actuar correctamente", matizou Xullo Trashorras, responsable do Defensor, quen advertiu de que existen casos de docentes "nerviosísimos con ameazas de denuncia por parte de pais de determinados alumnos".

Neste sentido, apostou por "a vía formativa en materia de resolución de conflitos", e en "facer unha reflexión" sobre as novas tecnoloxías. Tamén insistiu no papel "fundamental" da mediación escolar e dos protocolos contra o acoso escolar, ademais das escolas de pais e nais.

Profesor, docente, lousa. XUNTA DE ESTREMADURA
Profesor, docente, lousa. XUNTA DE ESTREMADURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

5 anonimo

Os críos están colgados do móvil, e a moitos, simplemente non hai quen os ature. Eso non ten absolutamente nada que ver cos presupostos escolares. E un producto da sociedade. Tentar levar a noticia ao terreo das reivindicacións presupuestarias é , simplemente, cambiar de tema.

1 Gamela

A LOXSE establecera un máximo de 25 alumnos por aula (que NON se cumpriu na vida!) As aulas con 30 - 33 alumnos son imposibles de "aturar" e basta que haxa 3 insoportables no medio para romper unha clase e sacar de quicio a tódolos demáis! É efectivamente un produto da Sociedade que confunde as persoas cos PAQUETES! O alumnado está VIVO e non ten sentido seguir negando as EVIDENCIAS !!!

2 Xaquín

Anónimo, tienes toda la razón. Aquí cada cual intenta arrimar el ascua a su sardina. En la clase de mi hija, centro público, son 21, y en la mis sobrinos, 22 y 20. Gamela, el problema es es que esos 2 ó 3 tocanarices son imposibles de controlar. Antiguamente se les expulsaba y asunto resuelto. Pero claro, era cosa de fachas.

3 Sentidiño

anonimo, si, tes toda a razón: ninguén cha quita. O asunto dos orzamentos era a resposta a Rui. Unha cousa é unha cousa e outra é outra. Non pretendía desviar nada. A educación é cousa de tod@s, nais e pais por suposto, mais tamén quen non ten fillos, ou quen xa os ten maiores: falamos de administrar ben un dereito básico, coma a saúde ou a xustiza.

4 Sentidiño

Orzamentos 2020: A contía para formación do profesorado nos orzamentos fica en 3,3 millóns de euros fronte aos máis de 27 millóns que custa manter o persoal de Relixión.

1 Xaquín

La CIG siempre con el mismo rollo para consumo de sus fanáticos adeptos. ¿Cuánto nos cuestan vuestros liberado sindicales, que son el verdadero cáncer de la enseñanza pública?

2 Sentidiño

A vostede nada. E grazas pola metáfora do cancro, aos familiares encánranos que nolo recorden cada día.

3 Morrighan

Os pais que queiran relixión na cabeciña dos fillos que a paguen, e fora das aulas. O chiringuito de Igrexa S.A. ten moitos locais onde adoutrinar (no mellor dos casos...) e facer proselitismo nacionalcatólico. Ensino laico aconfesional xa.

3 Sentidiño

O que di o seudosindicato Anpe: "Os nenos de Primaria son incontrolábeis, como demostra o informe de apertura do ano xudicial..." O problema é que eses datos son dos tribunais de menores, que tratan con maiores de 14 anos e só castigan os maiores de 16.

2 Xaquín

Casi 30 años de LOGSE y progresismo dan estos frutos.

1 Gamela

A LOGSE non ten culpa de nada! Pero 30 anos sen medios e masificando aulas e movendo interinos, e reformando nin se sabe as veces os currícula e os sistemas de avalición... converteron a Educación nunha actividade de ALTO RISGO !!! E ese será o futuro de calquera outra "reforma" que se faga sen medios nin cabeza!

2 Rui

Sen medios? Nunca hubo tantos medios, tan pocos alumnos por clase y tan pocas horas lectivas para cada profesor.

3 Gamela

Sen comentarios. Dá unha volta por calquera Instituto se queres visitar Vigo terás unha experiencia inolvidable (e non será polas luces do Nadal) Abre os ollos !!!

4 Rui

Me doy una vuelta todos los días porque soy profesor de secundaria. Aunque doy habitualmente clase en ciclos no veo problema alguno de masificación. Más bien al contrario. Se mantienen ciclos y colegios con alumnado mínimo por razones políticas y sindicales. Estoy de acuerdo con ANPE.

5 Gamela

Os centros de FP teñen ás veces algún privilexio (?) pero nos centros de Secundaria é outro mundo (especialmente nas cidades!) Disfruta da túa sorte, pero o mundo estache moi mal repartido !

1 Gamela

eso, que os pais e nais vaian á escola dunha vez! e igual aprenden que sen confianza nos profesores non hai nada que facer cos seus fillos (?) Pero en canto chegan á PRIVADA tanto lles dá que sexan así ou asá... o caso é matricular aos fillos en Centros de Pedigree (?)