Morre un operario ao caer do tellado dunha granxa no Pino

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Un home morreu este xoves ao caer do tellado dunha granxa situada no concello coruñés do Pino, no lugar do Couto Pequeno, na parroquia de Medín.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo confirmaron fontes do 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 14,45 horas desta xornada, cando o home se atopaba traballando na cuberta da granxa.

A pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario, confirmaron os servizos de emerxencias.

Ata o lugar dos feitos tamén se trasladou a Garda Civil correspondente ao distrito da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta