A CIG denuncia que o SERGAS cualifique de "lastres" ás enfermeiras que se trasladan do hospital a Atención Primaria

A secretaria nacional da CIG, explicou que cando unha enfermeira é trasladada a Primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde denunciou que o Grupo de Expertos en Atención Primaria (GEAP) define nas súas conclusións como "lastres" ás enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria. "É impresentable que o Sergas permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e cunha traxectoria profesional impecable", censura a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Nun comunicado remitido aos medios este venres, Abuín explica que cando unha enfermeira se traslada a primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional e toda a súa formación nas distintas patoloxías ou enfermidades que teñen as persoas que ingresan nos hospitais. "E non só desde o punto de vista asistencial, tamén desde a atención ás persoas en toda a súa dimensión persoal, emocional e familiar", apunta.

Por iso, considera que cualificar a este colectivo de profesionais como "lastres" é "un discurso hipócrita que só pretende buscar confrontación entre profesionais". Para a CIG-Saúde demostra unha "gran irresponsabilidade" ao "pretender facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo". "É verdade que o persoal que se traslada a primaria mellora a súa calidade de vida ao deixar de facer quendas de mañá, tardes e noites no hospital os 365 días do ano pero isto non é delito, senón un dereito", finalizou.

Inxección dunha enfermeira
Inxección dunha enfermeira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta