"A manifestación máis masiva dun Día da Patria"

O Bloque cifra en 20.000 os asistentes á marcha do 25 de Xullo e chama á "insumisión" contra os recortes. Os actos de irmandiños e Compromiso por Galicia xuntan aproximadamente a un milleiro de persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/07/2012 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

"Unha marea humana a favor de rescatar os dereitos do pobo galego e non os dos banqueiros, a prol dunha Galiza soberana e contra as saudades neofranquistas do PP", así define o Bloque Nacionalista Galego a marcha polo Día da Patria Galega que acaba de rematar en Santiago. Asistiron "máis de 20.000 persoas" segundo a fronte; o que implicaría bater as marcas previas da tradicional marcha nacionalista.

O Bloque informa que  Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, estaba a presentar o acto político na Quintana cando miles de persoas aínda se achaban atuídos na Praza de Galiza.

Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana
Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana

Unha inxección de optimismo para a fronte, tocada na súa imaxe pública tras as escisións do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e Máis Galiza de Xoán Bascuas.  Os actos políticos das novas forzas nacidas ao fío da ruptura do Bloque (Anova Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia) convocaron a unhas mil persoas cada un, segundo cálculos da Cadena Ser.

A nivel de discurso político, o Bloque chamou á "insumisión contra a política de recortes practicada polos gobernos do Partido Popular, quer o estatal quer o galego".

O BNG renovou  o formato do acto da Quintana. Non só tomaron a palabra os dirixentes do BNG -neste caso, o portavoz nacional e o candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, respectivamente-, senón que tamén o fixeron 9 persoas en representación do que Iria Aboi cualificou como "a Galiza real". É dicir, mozos parados, afectados polas preferentes, labregos, traballadores do ensino e da sanidade.

Interviron, por esta orde, Isabel, traballadora de Mafeco, unha empresa afectada por un ERE; César, comerciante; Manuela Catoira, presidenta da Xunta de Persoal Docente de Coruña; Luciano, membro da plataforma de afectados/as do Morrazo; Elvira Lombao, presidenta da federación de ANPAS de Lugo e membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público; Carme Aira, responsabel de CIG saúde e membro da Plataforma SOS Lugo; Pilar Bispo, labrega convencida da viabilidade do noso agro; Miguel Fernández, membro da Plataforma en defensa dos Servizos Sociais; e Lucía Vecino, estudante da USC.

Guillerme Vázquez, o voceiro nacional, foi moi contundente na súa intervención, coa que clausurou o acto. "Ou nos plantamos ante a Unión Europea, ante os especuladores e estes gobernos, ou haberá novos recortazos", alertou, "e serán máis cedo que tarde". Foi alén diso e advertiu que Rajoy xa prepara "unha nova baixada das pensións", un novo ataque contra os sectores sociais máis vulnerábeis.

O dirixente nacionalista non deixou títere con cabez: "Merkel dirixe co mando a distancia. Rajoy fai obediente os deberes. O Monarca chega de cazar elefantes e ´pide sacrificios´. Á gran patronal non lle faledes de pagar impostos, quere máis recortes. E a xerarquía católica, esa nin quere pagar impostos nin renunciar as xenerosas axudas públicas!!", pormenorizou, nunha relación que foi varias veces interrompida por aplausos. Tampouco esqueceu a Rubalcaba, de quen dixo que aínda está "decindido que quer ser de maior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

27 Pregunto

É verdade que na manifestación do Bloque repartíronse panfletos contra Beiras?

1 Rayleigh

Que eu saiba, ó unico que había sobre o tema é que algúns levaban pegatinas onde aparecían unhas gaivotas (referencia ó PP) e unha foto de Beiras coa frase: "Gracias por todo". Se Beiras esperaba que na manifa do BNG o aclamasen pedindo a súa volta, levouse un bo chasco. É o que ten levar rodeado 10 anos de aduladores que regalan os oidos.

2 Pregunto

E que facian os do Bloque cunha foto de Beiras no dia da Patria?? Como alguén escribiu nun post, necesitades un psiquiatra urxentemente. Contaronmo e non podia creelo, pero vexo que é verdade.Creo que nin cun bo psiquiatra tedes remnedio. Pobre galiza!!!!

3 1984

Que porta tan larga é a que conduz do estalinismo ao fascismo! Ainda non aprendestes que o estalinismo é unha forma de totalitarismo? U-la democracia popular no voso delirio fanático?

4 Rayleigh

Mi madriña...como andan algúns!! A nova é que ninguén acordouse de Beiras. Simplemente como retranca. Que de resultas, non andaba moi desencamiñada. Pero parece que Beiras pode botar m..da durante 10 anos, pero non se lle pode criticar de maneira irónica. Quen ten que ir a un psiquiatra sodes vos. Ou é que se non o defendedes, Beiras marcha co scatergoris e bos deixa co q ó aire?

5 ra, re, ri, ro, ru

Os cans adoecen cando ventan un competidor que lles quere quitar parte do óso.

26 observador

Sentinme incómodo con certos slóganes onte na mani do día da patria e xa levo unhas poucas.É realmente necesario manifestar tanto desprecio cara a España ou o que veña de España? . O mesmo rollo que os fachas mais recalcitrantes de Madrid pero en sentido inverso. Creo que non era o único .

1 mk__

O certo é que non creo que sexan a España, senón ao actual Reino de España e ás suas prácticas. Coma independentista galego de esquerdas non lle desexo nengún mal a España, é mais quero que prospere e lle vaian as cousas o mellor posible, como a calquera dos outros viziños que temos. (pero mentres non poidamos ser veciños e toque-nos o caseto do can......)

25 Rayleigh

Por certo..ademáis destas manifas, parece ser que había 3-4 manifas máis. Que foi delas? Isto é para os que presumen do ben de ter o nacionalismo divi..digooo "REPARTIDO". Os de Causa Galiza cantos foron? 10? 20?

1 entre 10 e 20

Que grande é a miseria humana! Ti Ray, polas formas, debes ser polo menos do PP! Nótase que defendes a leiriña do amo, segue ladrando!

2 mk__

Causa Galiza 180 Nos-UP 190

3 Rayleigh

Moitas grazas MK. Vaia nº 1...que molestou máis? A miña crítica a que sigades os soños do PP: oposición dividida, + de 30 partidos nacionalistas que XAMAIS conseguirán nada e que dividen o voto ata o infinito. ISTO É O QUE QUERE O PP. Por que cres que ENCARECE conseguir deputados? Por que cres que evita por todos os medios que lle saia un competidor na dereita? Ti non te enteras. Catro partidos e menos de 900 simpatizantes entre eles! E de 2 deles (CG e Nós) presumen de non presentarse as eleccións polo cal só vemos a súa forza en manifas. Pois este é o resultado. Cando pasan os anos, e non xuntas nin 200 persoas, algo estás facendo mal. MOI MAL.

4 mk__

Non é certo que Causa Galiza e Nós/UP non se apresenten as eleccións. Aparte de te-lo feito nalgunhas autonómicas, tamem apoian, impulsan e participan de diferentes candidaturas municipais. E creo que da tua casa non deberia vir a crítica de non apresentar co propio nome a unhas eleccións. POr outra banda, damos-lle a volta, e que debe de estar a fazer o BNG para que haxa nacionalistas que non os apoien nunhas eleccións ainda que as suas organizacións non se apresenten. E os insultos e mirar o ombigo non me valen, coma xa che dixen hai ben tempo, non son eu quen pretende ter deputados. Ao mellor, nestes anos, algo se estivo a facer mal, non si?

5 mantidos non, obrigado!

O problema do Rayciño, un acomplexado racista que odia o luso por seren el moi espaÑol e fai de palanganeiro do Bloque de dereitas, é que mide todo en deputados, asesores, liberados e colocados varios. E para iso xa está o PP, ao que tanto se semella o BNG no poder. Para explicarllo ben claro: está máis perto un mantido do PP a un do BNG, a distancia co militante tipo de CG ou de Nós-UP é grande demais. Non somos os mesmos, non temos os mesmos intereses. Mais non lle pidades a un que tapa os ollos que vexa, non lle convén!

6 Rayleigh

Os de Nós, creo que levan tempo sen presentarse. E os de Causa Galiza presumen de non presentarse por que "non cren no sistema". De feito, non recordo ver os seus resultados. Que non haxa nacionalistas que nos apoien? Que eu saiba, as eleccións son libres. E o 98 % do voto nacionalista está no BNG. E os que non votan o BNG, tampouco votan os 30 partidos restantes. Así que..Non entendo a túa crítica. Según estudos, o 30 % dos galegos son nacionalistas. O BNG, consegue o 18%. U-lo 12% restante?

7 Rayleigh

E se pasa o tempo e as manifas van os mesmos 100 de sempre. E se te presentas as eleccións, e de 2,5 millóns, só te votan 500 persoas pois algo estás facendo mal. Peor que o BNG. Pero alá vos. Para o nº 5, segue co dislate. Non bebas cando vaias escribir nos foros. Aquí hai demasiados que non saben beber. Por certo..ten militancia CG? Vaites!! Son 4 ou 5? E non é un insulto. dubido sinceiramente que teñan máis.

8 gose

Os resultados do BNG xa se ven, dos 400 mil votos do Beiras en ascenso a 267 mil despois do bipartito, e caendo... As eleccións autonómicas perdeunas o BNG, pois foi o deputado do BNG o que pasou ao PP! Tan difícil é de entendelo? Logo, despois de gobernar, baixar deste xeito é sinal de bon facer? Na seguinte lexislatura chegarán a facer grupo parlamentario, pode que non. E noutra desaparecen ou quedan na marxinalidade. Seguide así no BNG, estádelo facendo moi ben para o PP!

9 Mira gose

gose os 400.000 votos de Beiras pasouse aos 340.000 de Beiras cando Beiras empezou pola sua conte a falar con Fraga. E logo Beiras empezou a rajar do BNG cada vez que lle poñian un micro diante ou sen el convocando roldas de prensa. Pero se a culpa e de todos os demais e nunca de Beiras supoño que Beiras sacará 400.000 votos e o Bloque 0 nas vindeiras autonomicas. Xa veremos

10 Rayleigh

A ver Gose..creo que xa te contestou o nº 9. Non podes estar nun partido e o mesmo tempo dinamitandoo. Sabes? Crea mala imaxe. Non podes ir falando mal dos teus compañeiros. Non podes estar "debatindo" ad aeternum cousas que a xente importalle 3 kar.ios e procurando dar a sensación que iso é o único que fas. Pero sen embargo, Nin Beiras nin outros coma el déronse de baixa nin foron expulsados (un erro de Quintana fundamental) ata que eles quixeron. E xa te digo. Se a culpa é do BNG soamentes, veremos que todos os votos que perde, van para estes 2 grupos de iluminatis. Beiras ten moitisima parte da culpa do que lle pasou ó BNG en estos 10 anos. MOITÍSIMA.

11 galego desconfiado

Deixade de mirarvos o embido. Beiras e os aduladores que o rodean non serán moi de fiar, podemos coincidir, pero das ratiñas da UPG que andan a pillar anaco, hai, desas nunca falades... Políticos de aparato sen oficio nen beneficio: Jorquera -o candidato-, Pontón, Lobeira, Olalla, Cela, Abraira..., e moi pronto as segundas xeracións, como Aboi. Xa está ben de manter familias e chiringuitos. O povo crítico que sustentou o BNG hoxe xa non confía! Xa cheiramos o raposo!

12 Rayleigh

Que ratiñas? Polo menos hai algo de 2º xeración. Iso é o que os Beiras boys, esnaquizaron. Que houbera recambio. Que a xente xove, esa que hai 10 anos votaba o BNG deixara de facelo o ver o sindeus en que o convertiron os marchosos. Se para ti é todo pillar anaco, vai a criticar ó PP que ahí si que hai anacos e centos das ratiñas que tanto vos gostan. Pero sen embargo, ó PP NON O TOCADES. Por que, desconfiado? Eu si que desconfio de xente coma ti que non se mete co PP nos foros. Que nº de carnet de militante do PP, tes?

13 serafín

Si, somo todos do PP, menos ti Rayleigh que es do BNG, verdsade? Veña, sae ti primeiro do armario e logo pide contas aos demais! Pois ti non eras militante do BNG, repetíchelo en GC varias veces, lembras? E mira canto sabes dos demais... O de sempre: píllase antes a un mentiroso que a un coxo!

14 Lucense

O Rayleigh, palanganeiro do espanholismo ortográfico, sempre dando mostras da sua lucidez dialéctica, dando carnés de galeguidade e defendendo a ultrança o politburó. Pois co PP bem que coincides nas suas teses lingüicidas. E a ver quando todos começamos a compreender que na nossa Língua, HOUVERA e HOUVESSE nom som o mesmo, como em castelhano. Lamentável.

15 Rayleigh

Vaia...é insinuar que hai pepeiros infiltrados e automáticamente saen xentiña dándose por aludida. Serafín..deixa a porta aberta que a vas romper de tanto que pasas. Eu non son do BNG e ti tampouco lang.án. Recoñeces que eu o afirmo e a continuación chámasme mentiroso. Nótase a túa "viva" intelixencia. Pero grazas por facerlle ese favor o BNG. Xa sabes. O de irte. E non volvas baixo ningún concepto. Bla, bla bla Lucense. Vai por ahi a darlle leccións as pedras sobre lusismo. Non vou entrar nas túas estupideces. Vai a discutir cos do PT para que deixen de falar en brasileiro. Así deixades en paz, ás persoas normais.

16 Lucense

Que depois de trescentos comentários ainda nom dsitingas entre FALAR e ESCREVER di muito do estado de derretemento dos teus miolos. Polo demais, e como sempre, argumentos ZERO. Coincides ou nom com o PP na vossa fobia a um sistema ortográfico independente do do castelhano? Argumenta...

17 Rayleigh

Argumentos cero?? De quen falas? De ti, non? Que che teño dito? Eres a versión lusista de GB e do PP: o galego dávos noxo e andades a enredar con cousas que o común dos galeg@s lla trae frouxa. Non te creas mellor que os pepeiros, rapaz. Para min, eres igual que eles. E despois deses 300 comentarios que dis, deberías de darte conta que vos trato igoal. Ortografía nin lusa nin castelá. GALEGA. O que fai o tempo libre. Pero ti te cres que teño tempo para pegarme con outros coma ti, para defender a escritura lusista sobor da brasileira? Ti te aburres moito, non?

18 Lucense

O Rayleigh contando mais mentiras que linhas escreve. Penoso, patético e de uma incultura que, essa si, mete nojo.

19 Rayleigh

jajaja..claro lucense. Ti cantos Nobel tes? Ti cres que por dicir "essa" ou "nojo" dache máis puntos de C.I? Non machiño. O único que amosas é que non tes nada máis na vida que andar polos foros corrixindo a galegofalantes e galegoescribintes. As mentiras, hai que demostralas, rapaz. Non basta con choromicar. Que non estamos na gardería. Se non eres capaz, vai a páxina dos do PT, a chamarlles DISIDENTES.

20 Lucense

As mentiras hai que as demonstrar, com efeito: por exemplo, demonstra-nos o da colaboraçom das autoridades portuguesas com o reintegracionismo partidário de uma norma galega. Como nom o vas demonstrar, já che digo eu o que és: um FALSÁRIO.

24 Roi Xordo

1º) Eu quédome cos datos de LVG, medio particularmente anti-BNG e arestora, por iso mesmo, pro-escisión e pro-Beiras. Pois ben, o BNG 10.000 persoas, Beiras 300 e Compromiso 500. 2º) O BNG ten xuntado máis xente (en épocas de Beiras e Fraga), e na actual coxuntura social sábeme a pouco. Se non se despega é porque algo falla na mensaxe e formas da UPG. 3º) O de Beiras, esperpéntico; son catro gatos que sacan a Beiras de procesión, e este déixase. Algo de voto pode rabuñar nas autonómicas, e punto, esa será a fin do seu movemento. 4º) Compromiso evidencia que ten máis siglas que efectivos. Nas autonómicas esmorecerá, e nunhas municipais pode sacar algún que outro concelleiro. 5º) Reflexión final: en Amio había 4.500 persoas, divididas en dúas metades semellantes. Onte foron 10.800, nun lado eran 10.000 e noutro 800. Está claro que a necesidade e oportunidade da escisión só estaba na mente dalgúns persoeiros totalmente emponzoñados.

1 Rayleigh

Concordo. E quero aportar a miña opinión no punto 2. A mín sorpréndeme a absoluta incapacidade do nacionalismo galego para saber vender a súa mensaxe. Non sei se é por que desprezan o marketing, ou directamente non saben empregalo. Ten xuntado máis xente? Pois non sei. Posiblemente. Pero sería cuestión de mirar nas hemerotecas de LVG, a ver canta xente poñía este xornal nas épocas de Beiras. Dígocho por que baseas a túa afirmación en informacións de LVG. Se tamén hai 10 anos dicía que había 10 mil persoas, pois tampouco cambiou moito.

2 Roi Xordo

O tempo dalle a razón a Aymerich. E inda lla dará máis tralas eleccións, tanto por babor coma por estribor. Por babor, por poñer un capián descoñecido a quen os ventos poden desarbolar en parte; e por estribor porque saltar a un mar cheo de tiburóns pra chegar nadando ó País das Especias só a Beiras e catro inspirados máis se lles pode ocorrer.

3 Rayleigh

Si pero o problema que hai é que a xente só coñece o BNG como partido nacionalista galego. A xente non se vai parar en siglas. Polo tanto, calqueira chorrada que diga esta xente vaille afectar ó BNG. A proba é que os votos que perde o BNG, pérdense. Non irán a estes 2. Sen embargo, están convencidos de que poden atrapar parte do pastel do BNG, criticandoo..A xente mentras tanto pensa "ideas e liortas do BNG". O que hai que procurar nestes meses, é que a xente vexa que o BNG está separado deles e que non forman parte del. Para nos é evidente pero non para o resto da poboación. Hai que evitar o efecto contaxio.

4 Roi Xordo

Pero é que a UPG ten que cambiar, e non o fixo, nin o vai facer, témome, pois non oio autocríticas polo que pasou. "A culpa é de Beiras que está tolo"; certo, pero eles toleárono primeiro, a el e a outros moitos. E a moitos máis quitáronno-la ilusión, quen sabe se por sempre. E cando perdes a ilusión, votas ti, pero xa non presionas para que voten ós do teu redor (pais, irmáns, fillos). E xa non das a cara diante dos teus amigos. Limítaste a votar por inercia, ou por voto útil. E iso ó final nótase. Aí está a manchea de votos nacionalistas perdidos polo BNG, ou máis ben perdidos pola UPG, e que Beiras, Bascuas e Aymerich tiñan que facer volver. Pero só o último estivo á altura das circunstancias. Galiza, un paso adiante e outro atrás, dicía o poeta...

5 Ricci

si, o tempo vaille dar a razón a Aymerich. o fin xustifica os medios, todo vale por ser deputado!!

6 Ricci

si, o tempo vaille dar a razón a Aymerich. o fin xustifica os medios, todo vale por ser deputado!!

7 Rayleigh

Ricci..o tempo demostra que Aymerich o ver en que se estaba convertindo +GZ, dixo "escapo de aquí". E vendo os resultados...ten toda a razón. O 2 grupos de iluminatis, xa poden acadar bos resultados por que senón, antes de que pase 1 mes despois das eleccións, veremos a algúns suplicando volver ó BNG. Roi..se o problema é a UPG, é moi fácil. Presiona, fai que o BNG sexa un partido atractivo para militar e desenrolar unha carreira política ou simplemente para axudar a Galiza. Se consegues esto, a porcentaxe da UPG, diminuirá. No BNG, pasa o mesmo que pasa na sociedade co PP. A xente vota a quen vota, por que non hai alternativa. Xa ves onde e como remataron os que se opuxeron a UPG. A UPG, fai o que ten que facer. Son os demáis os que non o fan. E que conste. Sempre o dixen: o sistema de fronte de partidos, está obsoleto. Tense que disolver TODOS dentro do BNG. Seguro que se remataría gran parte do problema.

8 Roi Xordo

1º) Olliño, Rayleigh, que eu concordo no que dis sobor da UPG e os seus opoñentes. A UPG non evoluciona porque ademais de ser conservadora, que o é, non ten o estímulo dunha oposicón seria que a obrigue a moverse. Tamén o BNG era moi conservador, UPG mediante, a primeiros dos anos 80, pero o PSG-EG obrigouno a moverse. 2º) ¿Facer atractivo o BNG para que entre máis xente e así diminuir porcentualmente a influenza da UPG? Xa, claro, pero iso é o que arruinaron Beiras e Bascuas. 3º) ¿Disolverse todos dentro do BNG? Estou dacordo, pero ese non é problema; de nada vale a disolución se segue a haber capeliñas sectarias. O problema é cultural: moita xente no BNG ten que trocar unha cultura política resistencialista que non ve máis que inimigos dentro ou darredor. Inimigos ós que, por suposto, hai que esmagar.

9 Rayleigh

Xa..sobre o 3º. Eu creo que fundamental. Se segue habendo partidos, da ás a que haxa outros. Se te unes en algo chamado BNG, non ten sentido que queiras manter a túa tribo. Crea desunión, da mala imaxe, e duplicidade de mensaxes. E non ten sentido, cando o 80 % da militancia non milita en ningún destes partidos. E isto enlaza co 2. Hai que deixar claro que a UPG non o é todo. Estamos falando de case un 85 % de militancia que non é da UPG. Pero sen embargo dende amplos sectores, quere que se dea a imaxe de que a UPG=BNG. NON É O MESMO. Como xa che indiquei, ó BNG, fállalle o marketing. Non saben vender que a UPG manda si. Pero manda por que non queda máis remedio. E moita xente dentro del, de comunistas pouco. É duro pero é que é asi. Se queres que o BNG se mova e con elo a UPG, hai que atraer a xente. Tedes que deixar claro que BNG non é UPG. Podes dicir que é dificil. PEro non queda outra.

23 Rayleigh

Imos ver..Bascuas non o coñecen nin na súa casa. Cuíña poida que consiga 4 votiños na comarca do Deza. E Beiras PODE que consiga algo se se presenta en A Coruña. E Beiras ten 76 anos. Aínda que algúns pensen que o poden presentar e poñerse detrás del, outros 20 anos. Non hai cartos e o resto, son uns descoñecidos. Que esperábades. E algúns que xa están facéndose pallas mentais coa cantidade de votos que vai perder ó BNG (Polo ben de Galiza, espero que non) que me contesten: Cantos votos vai perder? Por que teñan claro unha cousa: O % de votos que irán a estes 2 será MÍNIMO. Polo que será fracaso dobre: fracaso do BNG, e fracaso dos marchosos por non recolleitar eses votos. Polo tanto, se se alegran, a verdade é que moi listos non son.

1 farto de tolais,

Por certo,o Beiras non tera pensado facer coma Fraga? O que e vivir do conto