"A manifestación máis masiva dun Día da Patria"

O Bloque cifra en 20.000 os asistentes á marcha do 25 de Xullo e chama á "insumisión" contra os recortes. Os actos de irmandiños e Compromiso por Galicia xuntan aproximadamente a un milleiro de persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/07/2012 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

"Unha marea humana a favor de rescatar os dereitos do pobo galego e non os dos banqueiros, a prol dunha Galiza soberana e contra as saudades neofranquistas do PP", así define o Bloque Nacionalista Galego a marcha polo Día da Patria Galega que acaba de rematar en Santiago. Asistiron "máis de 20.000 persoas" segundo a fronte; o que implicaría bater as marcas previas da tradicional marcha nacionalista.

O Bloque informa que  Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, estaba a presentar o acto político na Quintana cando miles de persoas aínda se achaban atuídos na Praza de Galiza.

Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana
Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana

Unha inxección de optimismo para a fronte, tocada na súa imaxe pública tras as escisións do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e Máis Galiza de Xoán Bascuas.  Os actos políticos das novas forzas nacidas ao fío da ruptura do Bloque (Anova Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia) convocaron a unhas mil persoas cada un, segundo cálculos da Cadena Ser.

A nivel de discurso político, o Bloque chamou á "insumisión contra a política de recortes practicada polos gobernos do Partido Popular, quer o estatal quer o galego".

O BNG renovou  o formato do acto da Quintana. Non só tomaron a palabra os dirixentes do BNG -neste caso, o portavoz nacional e o candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, respectivamente-, senón que tamén o fixeron 9 persoas en representación do que Iria Aboi cualificou como "a Galiza real". É dicir, mozos parados, afectados polas preferentes, labregos, traballadores do ensino e da sanidade.

Interviron, por esta orde, Isabel, traballadora de Mafeco, unha empresa afectada por un ERE; César, comerciante; Manuela Catoira, presidenta da Xunta de Persoal Docente de Coruña; Luciano, membro da plataforma de afectados/as do Morrazo; Elvira Lombao, presidenta da federación de ANPAS de Lugo e membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público; Carme Aira, responsabel de CIG saúde e membro da Plataforma SOS Lugo; Pilar Bispo, labrega convencida da viabilidade do noso agro; Miguel Fernández, membro da Plataforma en defensa dos Servizos Sociais; e Lucía Vecino, estudante da USC.

Guillerme Vázquez, o voceiro nacional, foi moi contundente na súa intervención, coa que clausurou o acto. "Ou nos plantamos ante a Unión Europea, ante os especuladores e estes gobernos, ou haberá novos recortazos", alertou, "e serán máis cedo que tarde". Foi alén diso e advertiu que Rajoy xa prepara "unha nova baixada das pensións", un novo ataque contra os sectores sociais máis vulnerábeis.

O dirixente nacionalista non deixou títere con cabez: "Merkel dirixe co mando a distancia. Rajoy fai obediente os deberes. O Monarca chega de cazar elefantes e ´pide sacrificios´. Á gran patronal non lle faledes de pagar impostos, quere máis recortes. E a xerarquía católica, esa nin quere pagar impostos nin renunciar as xenerosas axudas públicas!!", pormenorizou, nunha relación que foi varias veces interrompida por aplausos. Tampouco esqueceu a Rubalcaba, de quen dixo que aínda está "decindido que quer ser de maior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

22 unto e lacón con grelos

Palanganeiros do BNG, sodes patéticos!!! Na praia da Lanzada eramos máis en número, e seguro que tamén máis limpos (os intereses polos que se movilizan moitos da UPG-BNG e UPG-CIG é tan semellante ao dos que asisten ás merendas do PP, cheira que fede). O país non precisa de tanto situado polo partido, hai moito aire viciado dentro do BNG como para crer en vós. O tempo do BNG como alternativa xa pasou, o dos outros está por ver!

1 Rayleigh

Que rapaz?? Aínda rabexas por que pensabas que Bascuas e Beiras ían xuntar centos de miles? Que mala é a envexa. Ale..vai limparte a escuma verde da boca.

2 unto

Eu non creo nas procesións, non me interesa comparar os devotos de capeliñas onde eu non vou adorar, logo que me contas de Bácuas, Beiras, Jorqueras e Guillermes? Ah, pero ti dos logros do dous últimos non contas, polo aparato da UPG-BNG babexas... Só un apuntamento que non podes rebater: do BNG xa coñecemos a debilidade, dos outros está por ver. Proe, pois a rascala!

3 Rayleigh

Debilidade? Quédalle moito. Pero hai 7 meses desapareceulle unha moi grande. Para min só existe o BNG. Despois da gloriosa marcha dos marchosos, non queda máis. E De Jorquera xa amosou a súa valía (ten algunhas). O mesmo que Guillerme (aínda que coma portavoz, deixe bastante que desexar. Unha debilidade). Ves? Coñezo moitas debilidades do BNG. Pero procuro non darlle munición a quen pode sacar beneficio delo: O PP. Non traballo para este partido. Pero seica ti parece que si. A que non ando mal encamiñado?

4 parrayleigh

VIVA O PARTIDO ÚNICO !! VIVA O GENERAL DE FERROL !!!

5 A rañala unto

O palanganeiro patético esta escocido logo do 25 de xullo. Levastes a baralla para botar a brisca con Bascuas e Beiras??

6 Rayleigh

A ver shin chan fillo...Ti eres un dos marchosos de libro. Mira se fas mal as críticas que sendo nacionalista (creo) parece máis de dereitas que Feijoo. Máis que estar nas manifas de Santiago, parece que escribes dende "Sangenjo" tomando un gin-tonic co presidente de NNGG local.

21 pinchorla

Shin Chan, sin ánimo ningún máis que facer unha reflexión,non é ben certo que nesa época estaban os de irmandiños e Compromiso no BNG?, logo algunha responsabilidade terian tamén deses resultados,ou tí es dos que falan por falar.Cadaquén ten que cargar coas súas responsabilidades,mesmo nas que acontezan cara adiante,non sí?

1 Shin Chan

Tamén.

20 Shin Chan

Imaxe do éxito do BNG nas últmas eleccións autonómicas. http://media.lavozdegalicia.es/defa...

1 Terra a nosa

Xa pero NÓS, seguimos tendo xente máis que suficiente disposta a rodear San Caetano.

2 Hatori

Bascuas seguro que o estaba celebrando xa co fillo de Cuiña entón non? E Beiras sen dubida porque pedira botar con b do BNG á Xunta e fixera un chamamento á abstención. Co voso nivel de credibilidade non sorprende que non atopedes xente que vos siga agora.

3 Roi Xordo

Shin Chan, endexamais se debe cuspir para enriba, non seña o demo que a foto de Beiras/Bascuas sexa semellante. dende logo, abofé que pensaba que iades xuntar bastante máis xente. A min non me sorprende a xente que xuntou o BNG, sorprendeume a moi pouquiña xente que xuntaron outros, en especial o Salvapatrias Supremo.

4 Paraorei

Ai! Rei Xordo, o salva patria supremo ia con vos. Ainda non te enteraches?

5 anonimo

O BNG forma parte do sistema. Xa o dixo Guillerme, que só existen 3 partidos en galicia PP PSOE e BNG. O problema é que coa política destes 3 non se vai cambiar nada, Así que Galicia necesita outro tipo de política e alguén a ten que facer. Este é un pais de pandereta onde as institucións só funcionan para beneficiar aos de sempre e camiñamos dereitiños cara o 3º mundo.

6 Sistemas, sistemas

Pois se o BNG forma parte do sistema e aínda así para Bascuas -aliado potencial de Beiras- son "antisistema", andámosche ben.

7 Shin Chan

Dispostos no BNG a rodear San Caetano? Home, si deran unha subvención por iso seguro que non faltábades ningún. Estades feitos uns "loitadores" que mete medo.

8 Rayleigh

Xa sei shin chan que no PP pagan mellor, verdade meu? Cóntanos a túa experiencia. Non te fagas de rogar. Ou eres dos pepeiros que non vos movedes por unha subvención: se vos enche cunha empanada e unha actuación de Baltar tocando o trombón.

9 Shin Chan

Mentres a UPG mangonee ao BNG no PP poden estar tranquilos.

10 Hatori

Claro por iso o PP está repetindo como un loro que o BNG está desunido e que hai que deixar que siga Feijóo. A paseo Beiras e a paseo Feijóo. Eu BNG

19 4gatos

Imaxe do fracaso da manife do BNG: http://a5.sphotos.ak.fbcdn.net/hpho...

18 Zascandil

Efectivamente érades ben deles e seguro que non estabades todos. O problema nos son as festas para eso sempre hai xente, A complexidade han ser as urnas, pois para iso, ten de haber votos e aí a cousa xa non pinta doada e agora que van ser menos deputados nin vos conto. Si chegades a tres dade cun canto nos dentes.

1 Defestanón

Zascandil, falas en serio cando lle chamas festa a unha mani? Eres conscente que tiras do mesmo descurso que Esperanza Aguirre? Espero que só fose un lapsus.