"A manifestación máis masiva dun Día da Patria"

O Bloque cifra en 20.000 os asistentes á marcha do 25 de Xullo e chama á "insumisión" contra os recortes. Os actos de irmandiños e Compromiso por Galicia xuntan aproximadamente a un milleiro de persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/07/2012 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

"Unha marea humana a favor de rescatar os dereitos do pobo galego e non os dos banqueiros, a prol dunha Galiza soberana e contra as saudades neofranquistas do PP", así define o Bloque Nacionalista Galego a marcha polo Día da Patria Galega que acaba de rematar en Santiago. Asistiron "máis de 20.000 persoas" segundo a fronte; o que implicaría bater as marcas previas da tradicional marcha nacionalista.

O Bloque informa que  Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, estaba a presentar o acto político na Quintana cando miles de persoas aínda se achaban atuídos na Praza de Galiza.

Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana
Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana

Unha inxección de optimismo para a fronte, tocada na súa imaxe pública tras as escisións do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e Máis Galiza de Xoán Bascuas.  Os actos políticos das novas forzas nacidas ao fío da ruptura do Bloque (Anova Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia) convocaron a unhas mil persoas cada un, segundo cálculos da Cadena Ser.

A nivel de discurso político, o Bloque chamou á "insumisión contra a política de recortes practicada polos gobernos do Partido Popular, quer o estatal quer o galego".

O BNG renovou  o formato do acto da Quintana. Non só tomaron a palabra os dirixentes do BNG -neste caso, o portavoz nacional e o candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, respectivamente-, senón que tamén o fixeron 9 persoas en representación do que Iria Aboi cualificou como "a Galiza real". É dicir, mozos parados, afectados polas preferentes, labregos, traballadores do ensino e da sanidade.

Interviron, por esta orde, Isabel, traballadora de Mafeco, unha empresa afectada por un ERE; César, comerciante; Manuela Catoira, presidenta da Xunta de Persoal Docente de Coruña; Luciano, membro da plataforma de afectados/as do Morrazo; Elvira Lombao, presidenta da federación de ANPAS de Lugo e membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público; Carme Aira, responsabel de CIG saúde e membro da Plataforma SOS Lugo; Pilar Bispo, labrega convencida da viabilidade do noso agro; Miguel Fernández, membro da Plataforma en defensa dos Servizos Sociais; e Lucía Vecino, estudante da USC.

Guillerme Vázquez, o voceiro nacional, foi moi contundente na súa intervención, coa que clausurou o acto. "Ou nos plantamos ante a Unión Europea, ante os especuladores e estes gobernos, ou haberá novos recortazos", alertou, "e serán máis cedo que tarde". Foi alén diso e advertiu que Rajoy xa prepara "unha nova baixada das pensións", un novo ataque contra os sectores sociais máis vulnerábeis.

O dirixente nacionalista non deixou títere con cabez: "Merkel dirixe co mando a distancia. Rajoy fai obediente os deberes. O Monarca chega de cazar elefantes e ´pide sacrificios´. Á gran patronal non lle faledes de pagar impostos, quere máis recortes. E a xerarquía católica, esa nin quere pagar impostos nin renunciar as xenerosas axudas públicas!!", pormenorizou, nunha relación que foi varias veces interrompida por aplausos. Tampouco esqueceu a Rubalcaba, de quen dixo que aínda está "decindido que quer ser de maior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 nostrus

Muchos creen que la II República fue un período de paz y democracia similar al que tenemos ahora, pero fue todo lo contrario y todos los partidos de todo el espacio electoral contribuyeron a ello. Fue la etapa más tortuosa de la historia de nuestro pais, empezó la cosa con un golpe de estado fallido en diciembre de 1930, se instauró de espaldaas al pueblo con una tomadura de pelo en unas elecciones municipales y apostando que con la llegada de la república se acabarían todos los males, pero al poco tiempo todos aquellos males no hicieron mas que incrementarse enormemente hasta el punto de crispar a la sociedad de un modo exponencial y polarizante hasta el modo de que nadie de los que proclamaron la república creia en ella. Conspiraron contra ella los monarquicos, los anarquistas, los comunistas, los socialistas, el nacionalismo catalán y por último la derecha con apoyo de un sector del ejercito.

1 eva

Tes razón, di a miña avoa que na sua parroquia houbo xente que dixou de ir a misa.

2 Casilda

Imaxina, mimadriña! Até deixaron votar ás mulleres, fomentaron as autonomías, autorizaron escolas non confesionais, propuxeron reformas agrarias...

3 Troleirosnon

Casilda, te recuerdo que el voto femenino se consiguió con el voto favorable en bloque de la derecha y el voto en contra de buena parte de la izquierda, incluida la mayor parte del PSOE y su única diputada Victoria Kent.

4 Casilda

Falso, ignorante e ridículo troll. Mintes e difundes bulos: de161 votos positivos, 84 son do PSOE (máis da metade!), e dese partido NINGUÉN votou en contra, pois deles 26 deputados non votaron ou non asisten á sesión. Tampouco, como di o falabarato oficial deste medio, Victoria Kent era a única deputada de tal partido. Onde hai actas que documentan os feitos os bulos da ultradereita herdeira do franquismo e do fascismo internacional que acabou con todas as repúblicas democráticas europeas non serven!

5 Ricardo R.

La agresividad de Casilda es fruto de la ignorancia de las leyes educativas de la izquierda, fuente inagotable de carne de cañón para el Coletas de turno. En el Congreso de 1933 había sólo dos mujeres: Clara Campoamor, del Partido Radical, y Victoria Kent, del PSOE. Clara fue la promotora del voto femenino, con el apoyo completo de la derecha, y Victoria Kent, del PSOE, la que abanderó la oposición contra el voto femenino, que por cierto se mantuvo desde entonces, incluso con Franco. Como buscar datos en una librería debe ser complicado para quien es víctima de la LOGSE, vamos a darle un enlace de uno de sus periódicos amigos que muestran lo que votó Victoria Kent: https://www.lavanguardia.com/histor...

6 Sentidiño

Si, Ricardiño, o voto feminino mantívose con Franco. As mulleres votaban a Cortes polo tercio familiar, como todo o mundo sabe. Os homes quedaban na casa cos fillos, e non podían contratar compras, vendas nin alugueiros, nin sequera abrir unha conta bancaria, sen o permiso das súas esposas. Naquel marabilloso réxime mandaban os ovarios. Talvez porque a Franco lle faltaba un testículo, como todo o mundo sabe...

7 Casilda

Lamento disgustar a un doutorando franquista como Ricardo R. Acontece que desta vez usou un libro desfasado da súa ampla e plural biblioteca: a aprobación do sufraxio feminino foi en 1931 (non en 1933, ilustrado), Victoria Kent era do Partido Republicano Radical Socialista (non do PSOE, como repite a eminencia), Kent non se opuxo ao voto das mulleres senón ao momento (a igrexa recolleu un millón de asignaturas de mulleres en contra e a República levaba un mes, moi discutible pero argumentando, non simpleza para consumo ), naquela lexislatura eran tres deputadas (dúas na votación), o partido da masónica Clara Campoamor votou aplastantemente contra... Para que seguir, se ti sabes tanto como acabas de amosar. De nada!

8 Ricardo R.

Sentidiño, no estoy informado sobre el aparato genital de Franco, ni la verdad es que me importe lo más mínimo. Quizá tú o alguno de tus ascendientes conocieran tan íntimas partes de primera mano, por lo que no te voy debatir nada al respecto. Pero aquí de lo que hablamos es de la hipocresía de cierta izquierda hacia el feminismo. Dime la verdad. ¿Conoces algún personaje en la política española más machista que Pablo Iglesias? Oye, que Campechano no le puso un ministerio a Corina, ni un periódico a su cargo, ni una plaza de diputada, etc.