"A manifestación máis masiva dun Día da Patria"

O Bloque cifra en 20.000 os asistentes á marcha do 25 de Xullo e chama á "insumisión" contra os recortes. Os actos de irmandiños e Compromiso por Galicia xuntan aproximadamente a un milleiro de persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/07/2012 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

"Unha marea humana a favor de rescatar os dereitos do pobo galego e non os dos banqueiros, a prol dunha Galiza soberana e contra as saudades neofranquistas do PP", así define o Bloque Nacionalista Galego a marcha polo Día da Patria Galega que acaba de rematar en Santiago. Asistiron "máis de 20.000 persoas" segundo a fronte; o que implicaría bater as marcas previas da tradicional marcha nacionalista.

O Bloque informa que  Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, estaba a presentar o acto político na Quintana cando miles de persoas aínda se achaban atuídos na Praza de Galiza.

Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana
Guillerme Vázquez na súa intervención na Praza Quintana

Unha inxección de optimismo para a fronte, tocada na súa imaxe pública tras as escisións do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e Máis Galiza de Xoán Bascuas.  Os actos políticos das novas forzas nacidas ao fío da ruptura do Bloque (Anova Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia) convocaron a unhas mil persoas cada un, segundo cálculos da Cadena Ser.

A nivel de discurso político, o Bloque chamou á "insumisión contra a política de recortes practicada polos gobernos do Partido Popular, quer o estatal quer o galego".

O BNG renovou  o formato do acto da Quintana. Non só tomaron a palabra os dirixentes do BNG -neste caso, o portavoz nacional e o candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, respectivamente-, senón que tamén o fixeron 9 persoas en representación do que Iria Aboi cualificou como "a Galiza real". É dicir, mozos parados, afectados polas preferentes, labregos, traballadores do ensino e da sanidade.

Interviron, por esta orde, Isabel, traballadora de Mafeco, unha empresa afectada por un ERE; César, comerciante; Manuela Catoira, presidenta da Xunta de Persoal Docente de Coruña; Luciano, membro da plataforma de afectados/as do Morrazo; Elvira Lombao, presidenta da federación de ANPAS de Lugo e membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público; Carme Aira, responsabel de CIG saúde e membro da Plataforma SOS Lugo; Pilar Bispo, labrega convencida da viabilidade do noso agro; Miguel Fernández, membro da Plataforma en defensa dos Servizos Sociais; e Lucía Vecino, estudante da USC.

Guillerme Vázquez, o voceiro nacional, foi moi contundente na súa intervención, coa que clausurou o acto. "Ou nos plantamos ante a Unión Europea, ante os especuladores e estes gobernos, ou haberá novos recortazos", alertou, "e serán máis cedo que tarde". Foi alén diso e advertiu que Rajoy xa prepara "unha nova baixada das pensións", un novo ataque contra os sectores sociais máis vulnerábeis.

O dirixente nacionalista non deixou títere con cabez: "Merkel dirixe co mando a distancia. Rajoy fai obediente os deberes. O Monarca chega de cazar elefantes e ´pide sacrificios´. Á gran patronal non lle faledes de pagar impostos, quere máis recortes. E a xerarquía católica, esa nin quere pagar impostos nin renunciar as xenerosas axudas públicas!!", pormenorizou, nunha relación que foi varias veces interrompida por aplausos. Tampouco esqueceu a Rubalcaba, de quen dixo que aínda está "decindido que quer ser de maior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

12 conta contos

A praza da Quintana para estes eventos, descontando o espacio do palco, valados, etc, ten unha superficie útil de 2000 m2 como máximo. 10 persoas por metro cadrado? Pode ser...

1 ...

a mani foi 4 veces máis grande que os que entraro na praza

2 mirandés

Ala carallo, ainda ben non pasou o dia e xa comezamos coas pelexas sectaristas sobre canta xente cabe nesta ou naquela praza, de verdade, nunca cansades, uns e outros de mirarvos o embigo?

3 mk__

A realidade é a que é. Houvo anos que o BNG tardou mais dumha hora em sair da Alameda, e onte ás 13:40 xa non estaba aló. E na Quintana podia-se atravesar durante o himno polos ocos entre a xente tranquilamente. Amais que cara Praterias ia medio baleiro. Que houbo xente do BNG que non rematou, tamén. Se así habia 20.000 pois vale. Se tal cambiade de oculista.

4 Aquel

Eu estiven na de Causa Gz e ás 13:05 xa non había ninguén do bloque na alameda nin este ano nin ningún outro. Tedes unha gana de botar lixo contra os 'outros' que non sei qué vos move a iso... E sobre a asistencia na do bng fosen os que fosen está claro que foi un éxito que moitos non esperabades. Gustes ou non.

5 Repenique

Na Quintana entran, sen palco, 5.000 persoas. Quitando o palco e os ocos, deixémolo en 3.000. Pero tendo en conta que cada un vale por sete do PPSOE, a conta quédase curta. Beiras xuntou a 300 e Cuiña a 200.

6 mk__

Recoñezo que tiven un erro de teclado, non era ás 13:40, senón ás 12:40. E nos anos 90 a manifestación do BNG obrigaba que a manifestación da FPG (APU, etc...) comezase logo das 13:30. Que o BNG xunte 5000 ou 50.000 a min, é-me totalmente indiferente, é o seu problema, o mesmo que o de Anova se xunta 250 ou 1000. Se a realidade é a que é, por moito que se tente camuflar, este 25 de Xullo, coa crise, coas liartos do BNG, ex-BNG, soberanistas, etc... o povo galego, voltou, maxoritariamente, a decidir ir á praia. Ao mellor, estamos a fazer algo mal, ou non ben de todo.

7 queresaber

O problama n on é a cantidade que asiste ao 25 de xullo. O problema son os votos. Poden ser 50.000 na Quintana que con só con eses votos non se vai a ningures. Eu este ano non fun a ningunha. E certo que na do BNG se repartiron panfletos contra Beiras?

11 Mallo de Aldemunde

Coa desafección que hai cara a política, non sei até que punto beneficia ao nacionalismo este tipo de exibicións públicas. Lía hai pouco que o 80% da poboación quere eliminar de todo as subvencións a partidos e sindicatos.

1 ...

manzanas traigo

10 Galicianoga

Eu logo de ir a Compostela moitos anos non sei se e a historica pero o que sei e que ou igual ou maior a outros anos na carballeira penso que si historica a xente que habia ali a xantar. Bo dia da Patria Galega

9 Foucellas

Menos vaguedades. Pontos concretos: - Xornada laboral de 35 horas semanais para que haxa máis empregos. - Impostos ás transaccións bancarais. -Banca Pública. -Confiscación de vivendas públicas da banca, para o aluguer social... - Paro dos desahucios... -Ensino Público, e privado sen suvencións. - Sanidade Pública e incompatibilidade para estar no Sergas pola mañá e logo pola tarde na privada. etc,etc... Queremos propostas, o da "soberanía" é como o da "gloria celestial". "Que lonxe mo fiades". Non queremos contos chinos, queremos programa, asembleas, e que non veñades cando hai eleccións como fan o resto dos partidos. Movede o ... Primeiro unha República democrática,social,federal e laica... Despois xa veremos...

1 undemocrata

Apúntome

2 Xabier

Non te obsesiones con parecer o que non es, deixa Foucellas animando ao Deportivo e non trates de impoñer as túas prioridades disfrazándoas de "concrecións", "consenso", "universalismo", etc. Para quen non temos soberanía, o que soa a idealismo nacionalista (do nacionalismo español) é que esteamos obrigados a disimular, por exemplo, que empresas foráneas exploten recursos naturais galegos. Autodeterminación significa democracia, algo tan concreto e tan programático como nacionalizar as empresas eólicas, prohibir piscifactorías en comarcas de pesca artesanal ou xestionar soberanamente o sector agrogandeiro, sen que sirva de moeda de cambio na UE para estimular o aceite, os tomates e as leitugas dos invernadoiros... españois. Vantaxes da soberanía, señor Lerroux.

3 Antipopulistas

En que mundo paralelo vives ti? Todo moi chachi guai. Agora dime coma nun mundo globalizado e no sistema capitalista actual falame de praxe, non de onanismos mentais.

4 C.U.T.

A palabra "praxe" e os trotskistas de bar son dous vicios que deixei hai tempo porque estou bastante ocupado.

8 undemocrata

Choca que os que máis se asemellan ó franquismo lle chamen franquistas ós demáis. O Correo fala de Beiras: "que se vaian", berrou para propoñer despois unha sentada arredor de San Caetano ata que dimitan, "para que fuxan como ratas". Estamos na Europa democrática e un dirixente político afirma que hai que tomar pola forza as institucións democráticamente elexidas. A eso chámaselle totalitarismo que é sinónimo de fascismo.

1 Gamela

a democracia etimolóxicamente é o "poder do demos" (non falamos dos privilexios da Casta) ¿ou tí e máis eu podemos figurar nas listas electorais? :: Ao mellor imos ter que botalos a todos cunha boa patada no cú democráticamente! :: Podemos ir sumando vontades aquí :: http://www.avaaz.org/es/petition/El... :: Saúde e Resistencia Democrática :: http://ir.gl/43ae4d

2 undemocrata

Nunca se viu un francés de esquerdas celebrando o 14 de xullo, nin un español de esquerdas celebrar o 12 de outubro, nin (chegada a democracia) un galego de esquerdas celebrando o 25 de xullo. As festas patrióticas con bandeiras ó vento son PER SE, ergo SEMPRE, reunións propias de xente de dereitas nos países civilizados.

3 Autodeterminación

undemocrata, liches a Lenin? Non sei, ao mellor interesábache. Tampouco nunca se viu o francés medio de esquerdas reivindicar a autodeterminación da Córsega, da Bretaña, de Euskal Herria. Afíliate á UCE, recibirante cos brazos abertos.

4 undemocrata

Recordo ter lido "Nación, metrópoli y colonias en Marx y Engels". ¿Levrero o autor? Pero daquela loitabamos contra Franco uns poucos, e o nacionalismo servía para socavar a "Una, grande y libre" do home pequeno de Ferrol. Daquela nacionalismo = antifranquismo. Hoxe o nacionalismo galego é un movemento conservador. Respetable. Pero tan de dereitas coma o PNV e CiU (GalEusCa). Jode pero é o que hai.

5 A estas alturas

Non che aproveitaron as leccións sobre imperialismo porque, sospeito, es un deses que os antifranquistas vellos tivemos que aturar desde a fundación da UPG. Coas súas prioridades, loitas unitarias, acusacións de pequenoburguesía e demais retórica de quen non atura, no fondo, que existan nacións diferentes da española. E así acabaron J.M. Bandrés ou Touriño ou na versión máis radical do "prioritarismo hacia la unidad de la Nación" Jiménez Losantos, Dragó, Tamames, Albiac e Gustavo Bueno, que ao fin polo menos era honesto porque sabiamos que procedía de Falange. Levades coa mesma desde 1963! Vémonos nas eleccións, non volvas cabrearte cando a esquerda española obteña resultados marxinais. Polo menos E.U. está a prol da autodeterminación e traballa con comunistas galegos en Cangas. Se non che gustou Lenin proba Ho-Chi-Minh. Mesmo James Connolly, que o viu ben claro (o da alianza entre o Capital e os Estados imperialistas).

6 anonimo

Xa sairon os idealistas falando en termos subxetivos. Non sei en que planetas vives ti, pero non no mesmo que eu, onde nunca vin nada semellante a unha democracia. E o outro que falaba de Lenine, onde leiches ti que Lenine se apostaba contra os movementos de liberación nacional?. Imposible que lerás algo similar porque Lenine era un firme defensor dos dereitos dos pobos, de feito concedeulle a independencia a varios.

7 undemocrata

O de "Galicia é unha colonia" desapareceu fai moito tempo porque a xente sería non quería facer o ridículo. En 1996 Galicia recibiu do Goberno Central 375 mil millóns de pesetas: ¿España transferindo miles de millóns a Guinea para que os africanos tivesen o mesmo nivel de vida que aquí? É tan espantosamente ridículo que ofende á intelixencia menos densa en materia gris? A ventaxa das balanzas fiscales é que deixan co cu ó aire ás telenovelas. É evidente que Independencia = Indixencia. Eso é o que honestamente habería que explicarlle ós galegos. Pero non interesa. Mellor telenovelas.

8 eumesmo

Espanha sí que é indixencia, cultura do pelotazo, papanatismo...Galiza trabalhadora e aforradora

9 undemocrata

O gran enemigo do galeguismo de esquerdas, o único que pode colocar a Galicia na autovía do futuro, é o nacionalismo de dereitas. Un okupa que, coma os seus "iguales" PP e PSOE, se sinte cómodo nesta oligarquía que volve mandar ós galegos a emigración. Outros pensamos que houbo que pelear para pasar da dictadura á oligarquía, e que hai que seguilo facendo para dar o paso seguinte: da oligarquía á democracia. Pero os oligarcas, igual que os franquistas, non están pola labor. Eso, que "No hay pan para tanto chorizo".

10 Xabier Seixo

Ghoer, vaia ralladura o do "demócrata" :-o; a machada da "balanza fiscal" é de traca... podes chamarlle "colonia" ou periferia, da 1º mundo... esta pseudoesquerda como sempre xogando ao despiste e despistada. Vaia abirrimento de xente.

11 Figura

undemocrata, segue co teu blog http://nacionalismodeandarporcasa.b... e non veñas tocar as p3l0tas onde o nacionalismo español non é ben recibido.