130.000 € a dedo para El Correo Gallego

Por segunda vez a Consellería de Cultura adxudica sen publicidade un contrato de compra de hemeroteca ao diario compostelán, algo que non fixo con ningunha das outras cabeceiras de Galicia.

Por Walter Burns | Santiago | 27/07/2012 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 130.000 euros máis IVE á Editorial Compostela; editora de El Correo Gallego, Tierras de Santiago, Correo TV e Radio Obradoiro. A cambio a empresa xornalística entregará 1.168.272 fotografías dixitalizadas e unha colección de prensa escrita, en concreto 43 tomos de el Eco de Santiago.

O contrato foi adxudicado mediante o procedemento negociado sen publicidade. É dicir, sen concurso no DOG. Con todo, cómpre ter en conta que só El Correo pode subministrar o citado material informativo. Agora ben, Cultura non realizou até hoxe un investimento similar na compra de fondos históricos de outras cabeceiras xornalísticas do país.

Feijóo na entrega de premios do Grupo Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego
Feijóo na entrega de premios do Grupo Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego

Un diario nunha situación económica moi delicada

En realidade é a segunda vez que a Xunta inxecta unha importante cantidade de diñeiro en El Correo mediante a compra de arquivo para a Cidade da Cultura. En 2011 Cultura tamén investiu 175.000 euros máis ive na compra de fondos da hemeroteca de El Correo. El Correo destaca pola súa defensa do megaproxecto do Monte Gaiás.

Os investimentos do Goberno supoñen un balón de osíxeno para o diario, cunha marcada liña editorial conservadora. O diario da capital Compostelá atópase nunha situación económica moi complicada. Nos últimos meses circularon insistentes informacións sobre a súa posíbel venda co apoio do Goberno Galego.

Despois de pechar o único diario impreso en galego e botar ao seu cadro de persoal, El Correo terá que reorganizar de novo a súa redacción antes de final de ano. Daquela remata o ERE polo que os seus informadores, e non os seus directivos, cobran un 25% menos e soportan máis carga de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Quinteiro

Hai que acabar con La Coz de Galicia e con El Correo de de Feijoo. Non me dan magoa ningunha os traballadores. Todos á rúa, por colaboracionistas co feixismo.

1 Apuntes

Pero se a Voz é puro PSOE-BNG ¡Se até o comité de empresa é da CIG! Tan so hai que ver Vía V para comprobar que polo xeral levan a xente de esquerda, e a un ou dous comparsas de dereita (Pita, Bello Janeiro, etc.) aos que poñen a parir, a locutora os corta, non lles da a mesma cancha, non os mira coa mesma simpatía que aos de esquerda, etc.

2 Euloxio

¿Colaboacionistas¿, ¿e que son todos os asalariados, máis que colaboracionistas de empresarios nun sistema no que é preciso vender a forza de traballo para comer? Vostede non merece ir a rúa, senón a un frenopatico.

3 Can Tamañanas

Ha ha ha coidado co que fumas apuntador. A Voz puro PSOE-BNG? ha ha ha efinanciada polo PP. Ou sexa que en resumidas contas o PP financia a PSOE-BNG.

4 Apuntes

¿Seica non cala a Voz que Ferrín teña enchufada á filla e mais ao mozo na Academia, ou que alí traballe o fillo do secretario ou do tesoureiro? ¿Seica non é certo que o Comité de Empresa da Voz é da CIG? ¿Seica non invitan en Vía V a un comparsa de dereitas ao que poñen a pan pedir? ¿Seica non vai Guillerme ás festas da Voz como invitado principal? Fumo flores ¿que pasa?, pero esto non ten nada que ver.

5 Can Tamañanas

Ferrin do Bloque ?E de quén vai ser o comite de empresa? do teu sindicato vertical falanxista? será dun sindicato dos que hai. Faite ver por un profesional antes de que os teus supriman a psiquiatria da sanidade pública e toda a sanidade pública en xeral.

6 Apuntes

Se non fosen tan de esquerdas e filonacionalistas podían ser dalgún sindicato amarelo, ou de CC OO, ou da UXT, da CUT, pero non, son da CIG ¿Ferrín entón é de dereitas? ¿E o secretario e tesoureiro tamén están afiliados a falange? XDDD ¿Pero a quen queredes colar esa milonga? A Voz é do seu dono, queren dar unha imaxe progre (como a locutora de Vía V) e lóxicamente están escorados á esquerda e o nacionalismo?

4 Hunter

"Por segunda vez a Consellería de Cultura adxudica sen publicidade un contrato de compra de hemeroteca ao diario compostelán, algo que non fixo con ningunha das outras cabeceiras de Galicia." Non o farían agora pero hai ben anos que mercaron a Editorial La Capital a súa colección de El Ideal Gallego ¿Hay mais coleccións de El Eco de Santiago que a que posúe El Correo Gallego? Autorresposta: non. Pois entón... Tamén se mercou hai anos e polo mesmo sistema e porque non hai mais exemplares a colección de La Región, etc.

3 Raúl

El Correo Gallego é unha deshonra é unha ultraxe para o o noso país e para a sociedade compostelana, ademais de ssr unha vergoña para a profesión xornalística. A mellor noticia sería que El Correo Gallego desaparecera. Eu hai moitos anos que deixei de lelo e, polo ben dos galegos, pediría a todos que fixeran o mesmo e deixaran de compralo.

1 Walton

Unha matización: 'El Correo Gallego' non se vende, véndese 'El Mundo', outro PPanfleto non menos noxento que a folla PParroquial editada en Compostela; polo tanto non se pode comprar. No demais, subscribo perfectamente o que dis.

2 Eu mesmo

Agora me explico tanto apoio ao pucheirazo eleitoral de Núñez Feijoo!

1 Ata os collóns

E a oposición a velas vir, claro. Pero que carallo! Se PSdeG e BNG non tiveron o que había que ter para cambiar a normativa de axudas á PPrensa, que se pode esperar deles. Podiámolos acusar de seren indolentes, pero non, iso sería faltar á verdade. Son cómplices.