O Premio de Liberdade de Prensa outorgado polo CPXG e Club de Prensa de Ferrol xa non levará o nome de José Couso

A petición fixérona nai e irmáns do cámara de televisión ferrolán, que faleceu en 2003 cando estaba a cubrir para a cadea Telecinco a guerra de Iraq

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol han decido retirar o nome de José Couso ao Premio liberdade de prensa, atendendo á petición expresa pola familia Couso Permuy.

En concreto, solicitouno a nai e irmáns do cámara de televisión ferrolán, que faleceu no ano 2003 cando estaba a cubrir para a cadea Telecinco a guerra de Iraq.

Nun comunicado conxunto, ambas as entidades lembran que "o Premio Internacional de Liberdade de Prensa ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha destacada traxectoria profesional, libre e independente".

Así, sinalaron que cada ano a candidatura gañadora é escollida por todos os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e os asociados do Club de Prensa de Ferrol e que tras retirarse o nome de José Couso, "o galardón volverá convocarse o próximo ano baixo unha denominación que aínda está por determinar", aseguraron.

Redacción
Redacción | Fonte: COLEXIO DE XORNALISTAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta