O Colexio de Psicoloxía critica a "lamentable situación" da atención á saúde mental en Galicia

Denuncia que apenas 98 psicólogos clínicos prestan atención psicolóxica no Sergas, unha cifra "conxelada desde hai anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2019 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denunciou este martes nun comunicado a "lamentable situación" da atención psicolóxica en Galicia, á vez que asegurou que a próxima publicación do Plan Galego de Saúde Mental "non porá remedio a esta realidade".

Nun comunicado, o colexio profesional referiuse a a intervención do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, na Comisión de Sanidade do pasado 28 de novembro, na que mostrou "un preocupante descoñecemento sobre a situación da saúde mental en Galicia, así como un escaso interese en mellorala".

O colexio profesional lembrou que, segundo a lexislación vixente, o psicólogo clínico "ten competencia para diagnosticar e avaliar aos pacientes", en contra do que se "deduce" da intervención de Aboal, "segundo quen a psiquiatría tería a competencia exclusiva no diagnóstico en saúde mental".

Ante isto, o COPG pregúntase "por que os especialistas en psicoloxía clínica son os únicos facultativos especialistas sen servizos propios nas EOXI galegas", aínda que incide en que esta reclamación de servizos propios "non implica que os psicólogos deixen de traballar nas Unidades de Saúde Mental" nin noutros dispositivos especializados, se non que se aposta por "equipos multidisciplinares".

Segundo o colexio, apenas 98 psicólogos clínicos prestan atención psicolóxica no Sergas, unha cifra "conxelada desde hai anos" nos que "só se deu cumprimento á taxa de reposición".

"Esta clamorosa infradotación ten como consecuencia, entre outras, que as persoas atopen unha lista de espera superior ao oito meses nalgúns servizos para ter a primeira consulta de psicoloxía clínica, un tempo entre consultas que resta eficacia ao tratamento ou que existan dispositivos sen psicólogos clínicos, como o Hospital de Día de Santiago de Compostela, ou sen a dotación mínima necesaria", denuncian.

Acto do Movemento Galego da Saúde Mental no Obradoiro
Acto do Movemento Galego da Saúde Mental no Obradoiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pilar

Lamentable? Quédanse moooi cortos!! É unha vergoña e unha inhumanidade!!! O narcopresidente despilfarra en Xacobeos e os recortes e privatizacións na sanidade mental pública ocasionan moitas mortes evitables. Os psicópatas son neoliberais...