Os termómetros descenden uns graos e Bóveda rexistra a mínima de Galicia, con -5,6ºC

Lugo e Ourense rexistran os valores máis fríos do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

Os termómetros descenderon uns graos máis en localidades de Galicia, en especial da zona das provincias de Lugo e Ourense, e a temperatura mínima deste mércores correspondeu ao municipio lucense de Bóveda, con -5,6 graos centígrados.

Segundo os datos publicados por Meteogalicia ata as 9,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os valores máis baixos corresponderon a localidades luguesas con altitude menor de 900 metros, ademais de Bóveda, como Vilalba (-4,8ºC) e Sarria (-4,4ºC).

Así mesmo, os termómetros baixaron ata os -4,4ºC en Viana do Bolo e aos -4,3ºC en Verín, ambos os municipios ourensáns tamén con altitude menor de 900 metros.  En canto ás localidades de montaña, as temperaturas mínimas rexistráronse nos municipios ourensáns da Veiga, con -4,1ºC; Manzaneda, con -4ºC; Vilariño de Conso, con -4ºC e A Mezquita, con -3,5ºC.

Na xornada deste martes os valores mínimos na Comunidade galega situáronse nos -5,2ºC na Mezquita e nos -4,4ºC en Vilariño de Conso, ambos os municipios ourensáns.

Dous mozos protéxense do frío con abrigos e gorros
Dous mozos protéxense do frío con abrigos e gorros | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta