A Policía di que un anarquista foi quen se bateu con Conde Roa

Fontes presenciais consultadas por GC din que o mozo insultou ao alcalde antes de que os dous comezaran a labazadas o un no outro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/07/2012 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Policía Nacional asegura que identificou á persoa que se pelexou co ex-alcalde de Santiago o pasado mes. Segundo a información remitida polos axentes ao xulgado, trátase dun militante anarquista e con antecedentes por alteración da orde pública. Os investigadores tamén argumentan que o presunto infractor non ten domicilio coñecido, polo que até hoxe non se lle puido notificar a súa imputación por unha falta de lesións ao político do PPdeG.

Segundo fontes presenciais consultadas por GC, a agresión comezou no cruce de Peóns da Praza de Galicia cara a zona vella de Santiago. O identificado pola Policía insultou ao ex-edíl ('hijo de puta' foi un dos termos que empregou) e deseguido comezou un intercambio de golpes. Varios cidadáns lograron separan aos loitadores pero, unha vez separados, foron de novo un polo outro. Separados outra vez, a lea rematou cando o mozo marchou do lugar dos feitos.

Na súa denuncia o alcalde de Santiago dixo que o suposto agresor tiña estética 'antisistema'. Durante o seu mandato, Conde Roa mantivo unha política moi activa contra os movementos sociais de esquerda, como o 15M ou a okupación da Sala Yago.

Conde Roa nunha recente rolda de prensa
Conde Roa nunha recente rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Arenga

Mas os antisistemas nom vam contra o sistema?? frijol quer mudar o sistema, é antisistema?? entom qual é o estilo antisistema traje e garavata??

5 Nemigo

estética antisistema? e logo a do ex alcalde que é: estética do opus?

4 prensa do pánico

Que era máis anarquista ou máis culé? Na prensa non vimos titulares como "Un f-a-c-h-a agrede ao elenco nunha estrea operística", "Un fascista rouba e por iso ten que dimitir", "Un pijo-pera ameaza a un colectivo que reivindica..."... Non sei que me gusta menos se os xornalistas-policías ou os policías-xornalistas... aínda que neste caso trátase doutra nota de prensa dos maderos, sempre preparando a súa bazofia.

1 Arnulfo

Non podio estar maíz dacordo

3 Durruti

Estes incidentes van incluídos no soldo... Sobre todo cando ademais de ter un cargo público o levas con pouca dignidade e estigmizando a certos grupos sociais. Un alcalde ten que ser alcalde para todos, góstelle ou non, simpatice ou non. Polo menso saber estar e disimular as preferencias. Se das a nota, a música pode saírche disonante... A cada quen hai que pedirlle segundo os seus ingresos, estatus e expectativas. Moitas "notas disonantes" poden levar os PP, coa desfeita que están a facer, a prepotencia e a doctrina fascista que ventilan sen disimulo. Non é un desexo. A ONU ven de acusar ao xefe desta banda política de crear as codicións de pobreza para millóns de cidadáns. Destes "lodos vendran unos buenos polvos",... Vai nos soldos (5000 euros ao mes, dietas... E algunhas varios soldos á vez...)

2 pinchorla

Un non é malo e o outro non é bon,algo farian,non sei de cal fiarme.

1 xan

jajajjaa! falas como un paisano. Canta rasón tes!