A Policía di que un anarquista foi quen se bateu con Conde Roa

Fontes presenciais consultadas por GC din que o mozo insultou ao alcalde antes de que os dous comezaran a labazadas o un no outro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/07/2012 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Policía Nacional asegura que identificou á persoa que se pelexou co ex-alcalde de Santiago o pasado mes. Segundo a información remitida polos axentes ao xulgado, trátase dun militante anarquista e con antecedentes por alteración da orde pública. Os investigadores tamén argumentan que o presunto infractor non ten domicilio coñecido, polo que até hoxe non se lle puido notificar a súa imputación por unha falta de lesións ao político do PPdeG.

Segundo fontes presenciais consultadas por GC, a agresión comezou no cruce de Peóns da Praza de Galicia cara a zona vella de Santiago. O identificado pola Policía insultou ao ex-edíl ('hijo de puta' foi un dos termos que empregou) e deseguido comezou un intercambio de golpes. Varios cidadáns lograron separan aos loitadores pero, unha vez separados, foron de novo un polo outro. Separados outra vez, a lea rematou cando o mozo marchou do lugar dos feitos.

Na súa denuncia o alcalde de Santiago dixo que o suposto agresor tiña estética 'antisistema'. Durante o seu mandato, Conde Roa mantivo unha política moi activa contra os movementos sociais de esquerda, como o 15M ou a okupación da Sala Yago.

Conde Roa nunha recente rolda de prensa
Conde Roa nunha recente rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 Camorra

Um anarquista ou um yonqui? Não é incomum contratar yonquies para mandar recados e pequenos ajustes de contas. Ou até para fazer pintadas fachas. Saem baratos...