Piden a dimisión do alcalde de Fene tras dar positivo nun control de alcoholemia

Fixérono a través de dous textos presentados un por BNG e EU e o outro polo PSOE.

Por E.P. | Ferrol | 06/12/2019 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

As mocións presentadas no Concello de Fene para reprobar e solicitar a dimisión do alcalde desta localidade, Gumersindo Galego (PP), presentadas polos grupos municipais do BNG e EU, ademais de por o PSOE, saíron adiante cos votos dos tres partidos.

Isto é así despois de que o alcalde popular fose condenado o pasado 12 de novembro a unha multa de 600 euros e oito meses de privación do carné de conducir tras dar positivo nun control de alcoholemia da Garda Civil de Tráfico, no que arroxou 0,80 miligramos de alcol en litro de aire expirado.

Nun salón de plenos a rebordar, o debate de ambas as mocións estendeuse durante aproximadamente dúas horas, entre as 18,30 e as 20,30 horas. Ademais de reclamar a dimisión do rexedor popular, todas os partidos na oposición aproveitaron para criticar a xestión que está a realizar o PP á fronte do goberno local.

BAIXA DO PP, NON DE ALCALDE

Tamén as tres formacións mostraron o seu malestar pola decisión de Galego de solicitar a baixa da súa formación, e non da Alcaldía de Fene.

"Parece que para vostede é máis importante non danar a imaxe do seu partido que a dos veciños de Fene", trasladoulle nunha das intervencións Juventino Trigo, portavoz do grupo municipal do BNG.

Pola súa banda, tanto Mar Piñeiro, portavoz do PSOE, como Mari Carmen Martínez, portavoz de EU, aproveitaron esta sesión para criticar "os comentarios e desprezos que en moitos dos plenos celebrados, nos que non hai público, realiza o señor alcalde" cara a elas.

Pleno de Fene no que reproban ao alcalde
Pleno de Fene no que reproban ao alcalde | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta